Desde moi novo obtivo varios premios en diferentes festivais infantís e eventos, tanto como cantante solista, instrumentista de grupo infantil Súmate e como percusionista. Estudou música na Escola Vocacional de Arte “Pedro Raúl Sánchez” a partir dos dez anos e despois continuou os seus estudos na Escola Profesional “Carlos Hidalgo”, (ambas na provincia Pinar del Rio) onde se graduou finalmente na especialidade de percusión no ano 2001.

Yuvisney Aguilar é director do grupo Manana. Actualmente é percusionista do cuarteto de Chuchito Valdés, Sandra Carrasco, Chuck Loeb e Carmen Cuesta, Pepe Rivero and Touch Of Clazz, Cuban Jazz Quintet, “Habana-Madrid Sax”, “CMQ Big Band” e outros.


Web
Yuvisney Aguilar & Afro Cuban Jazz Quartet. «Concerto homenaxe a Gonzalo Villar»