Jam session

Max Gómez Cuarteto

Sábado, 30 de xuño. 24:00
Café Vitruvia. Praza de Compostela, 5
Entrada libre ata completar capacidade

Max Gómez Cuarteto

Comezou os seus estudos musicais de batería con 14 anos da man de Lois Cancelas. Moi pronto a música comeza a ter un lugar moi importante na súa vida e decide cursar estudos na Escola de Música Clásica de Cangas do Morrazo, na Escola de Música Moderna Estudio, de Santiago de Compostela, e seguidamente no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. Foi neste último onde o contacto con músicos de jazz como Paco Charlín e Abe Rábade fixo que esta música se convertese no seu centro de atención.

No Seminario ten a oportunidade de participar en concertos e workshops con músicos como Perico Sambeat, Jonathan Blake, Jaleel Shaw, Walter Smith III, Marcus Gilmore, Ambrose Akinmusire, Aaron Goldberg etc. Participa en festivais como o Festival de Jazz de Vigo de Vigo, o Festival Internacional de Jazz de Pontevedra, o Festival de Jazz de Balado dos Frades en Portugal, o Festival de Jazz de Eivisa, o Festival de Jazz de Donostia, o Festival de Jazz de Braga e outros tantos. Estudou en Nova York cos grandes mestres do jazz como Kendrick Scott, Miguel Zenón, Ben Street, Marcus Strickland, etc.

Discografía

  • Xacobe Martínez Antelo Quinteto: Isto É Jazz!!!
  • Marcelino Galán: Zinco
  • S.O.S. Trio: 106 Underground Street
  • SPJ Big Band (dirixida por Carlos Azevedo)
  • Xacobe Martínez Antelo Trío
  • A Tribu: A Chamada
  • Xacobe Martínez Antelo Cuarteto
  • Factor E-Reset: Barbanza
  • Rafa Fernández Quinteto
  • Ton Risco Quinteto
  • Felipe Villar Trío: Home e Outro
  • Juyma Estévez: Océanos de porcelana
  • Javier Marcos Quinteto
  • Max Gómez, batería
  • Juansy Santomé, contrabajo
  • Xosé Miguélez, saxo
  • Sunil López, piano