Jam session

Juyma Estévez Trío

Mércores, 4 de xullo. 23:00
El Contrabajo
Entrada libre ata completar capacidade

Juyma Estévez Trío

Juyma Estévez, contrabaixista de referencia no jazz galego, comeza seus estudos nos conservatorios de Pontevedra e Santiago (onde obtén o Título Profesional de Música) e no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra.

Despois marcha para Donostia, onde acada o Título Superior de Música, na especialidade de jazz, en Musikene Conservatorio Superior de Música do País Vasco) e toca con diferentes bandas nalgúns dos clubs, teatros e festivais de jazz máis importantes, como no Heineken Jazzaldia, no Teatro Campos Elíseos Antzokia de Bilbao e no Altxerri Jazz Club.

Logo regresa a Galicia, onde se establece como músico profesional e docente.

Curtido en mil proxectos que abarcan o jazz, o rock, o blues, o country, o folk e o mundo clásico, grava con numerosas formacións entre as que se encontran o David Regueiro Swingtet, Green with Envy, Gold & Colt, Xabi Aburruzaga e Lakunza Brothers, por exemplo.

O seu primeiro traballo como líder titúlase Océanos de porcelana.

Xa que o seu segundo disco como líder acaba de saír, teremos a sorte de coñecelo case en estrea mundial. Foi gravado integramente no auditorio da súa vila natal (Bueu), leva por título Viento del Norte (FreeCode Jazz Records), consta de nove temas e desta volta acompáñano David Regueiro á guitarra e Noli Torres á batería.

  • Juyma Estévez, contrabaixo
  • David Regueiro, guitarra
  • Noli Torres, batería

visitar web