O frautista Julián Elvira, nacido en 1973, converteuse nos últimos anos en nome de referencia en canto á música experimental e de vangarda para frauta traveseira se refire, sendo, ademais, un dos intérpretes máis versátiles e transgresores do noso país. Tras terminar a carreira no Real Conservatorio de Música de Madrid, trasládase a Budapest, onde realiza un mestrado na Corvin University co profesor István Matuz sobre acústica da frauta enfocada a novas tendencias e performances, xénese do seu grande proxecto de vida; a creación da súa “Frauta Prónomo”.


  • Julián Elvira, frauta prónomo e outros tubos
Web
Julián Elvira. Frauta Prónomo e outros tubos intelixentes.