Concerto

Big Bang Band

Sábado, 30 de xuño. 18:30
Praza da Princesa

Big Bang Band

A Big Bang Band créase en 2012 por iniciativa do saxofonista de jazz lituano Rolandas Butkevičius, baixo o amparo da a. vv. «Emilio Crespo», de Navia. O seu obxectivo é alcanzar a estrutura, aparencia e sonoridade auténticas das grandes big bands norteamericanas da primeira metade do século xx seguindo as tradicións marcadas por Glenn Miller, Benny Goodman, Duke Ellington e Count Basie.

Comezou como unha pequena banda que tocaba un repertorio baseado no dixieland, pero, a medida que foi crecendo, as súas interpretacións inclináronse claramente cara ao swing, aínda que sen esquecer ritmos rock, bossa nova, funk etc. Cos seus swings lentos, como Mood Indigo e Georgia on My Mind, a Big Bang Band trasládanos aos elegantes salóns dos grandes hoteis que viamos nas películas de Fred Astaire, pero tamén, con blues como Basin Street Blues, Blues Machine e os seus temas dixie e jazz, recrean o ambiente dos clubs de jazz máis sórdidos.

A Big Bang Band está formada por cinco saxos, tres trompetas, tres trombóns, guitarra-voz, piano, contrabaixo e batería.


visitar web