As composicións exploran as enormes posibilidades arranxísticas dun ensemble de formato medio coma este, con referencias evidentes ao hard bop e ao jazz modal, sen perder o enfoque persoal. O septeto participou no Festival de Jazz de Rianxo, BurgoJazz e Festival de Jazz de Lugo. En 2017 está xa confirmada a súa presenza nas Noites de Jazz do concello de Cambre e no Festival de Jazz de Betanzos. Actualmente preparan a gravación do seu seguinte traballo discográfico que verá a luz en 2018. Integran o septeto algúns dos músicos máis relevantes do panoramajazzístico galego, os saxofonistas Pablo Castaño e Xosé Miguélez, o trompetista Rubén Salvador, o trombonista Luis Miranda, o pianista Manuel Gutiérrez e o batería Xabier Barral. No concerto do 13º Imaxina Sons, con Ton Risco, vibráfono, como convidado especial. Sea Ahead destaca por méritos propios, é cerebral, ofrece refinadas improvisations, e ten o sentido esencial do swing necesario. (…) The Alfonso Calvo Septet é unha extensión de Calvo, un músico instrospectivo, cun obxectivo. Natural de Santiago de Compostela, está ben preparado, cunha ampla formación e asimilou a complexidade da composición no jazz, mentres vai construíndo de maneira firme unha reputación como contrabaixista de primeira”. (James Nadal, All About Jazz).


  • Pablo Castaño, saxos alto, soprano
  • Xosé Miguélez, saxo tenor, frauta
  • Rubén Salvador, trompeta, fliscorno
  • Luis Miranda, trombón
  • Manuel Gutiérrez, piano
  • Alfonso Calvo, contrabaixo
  • Xabier Barral, batería
  • Convidado especial: Ton Risco, vibráfono
Alfonso Calvo Septet. (Convidado especial: Ton Risco)