Como trío formaron parte de relevantes proxectos dentro de formacións dirixidas por Alejandro Vargas , sempre desde un traballo de cámara e con diferentes formatos desde dúo, trío, 4to, 5to até 8to. Discos como “Miniaturas de Eugenio Granell”, que gañou o Premio Especial nos Premios Cubadisco, compartindo esta alta distinción con artistas da altura da cantante Omara Portuondo.

O estilo musical desta formación vai desde o abstracto até o máis tradicional, onde os estándar de jazz e a música popular cubana son levados á estética da improvisación libre, onde se explora e extralimita a forma tradicional de tocar os instrumentos incorporando diferentes obxectos sonoros que enriquecen a súa linguaxe, son e performance. Na actual proposta musical atopamos temas onde se recrea a sonoridade do órgano oriental lembrando a estética rural dos campos cubanos, desde o changüí até o mambo de Pérez Prado; outros temas lévannos ás orixes do blues ou ás cores de Monk para sorprendernos co contraste de propostas achegadas ao minimalismo que fan do directo unha fantasía artística.

Alejandro Vargas Trío desenvolve un sólido traballo de improvisación, garantindo en todos os seus sus concertos a vibración que xera a enerxía da creación. O virtuosismo dos intérpretes cativa o público desde o primeiro minuto pola súa técnica instrumental e a grande sensibilidade no tratamento dos temas.


  • Alejandro Vargas, piano
  • Jose Manuel Díaz, contrabaixo
  • L.A.R Legido, batería
Web
Alejandro Vargas Trío