Susana Santos Silva, trompetista, responde á renovación do jazz no continente europeo cun traballo sofisticado e de múltiples rexistros. Nesta novena edición de ImaxinaSons trae a Vigo o seu proxecto SSS-Q que partilla co batería Jorge Queixo. O mércores 3 de xullo comezará en ImaxinaSons co obradoiro matutino que impartirá Blanca Llamas no Laboratorio das Artes do MARCO a partir das 11:00 h. O Cacharrófono é unha proposta para pequenos e pequenas de entre 6 e 12 anos, que son convidados a levar cacharros vellos de cociña para construír os seus instrumentos.