O mesmo artista que impactou na edición de ImaxinaSons na súa colaboración con Atomic/School Days, chega en 2013 cun proxecto ancorado na tradición do post-bop, pero aberto ás posibilidades do free e cunha potente enerxía procedente do rock. Será ás 21:00h o domingo 30 no Auditorio Municipal. Nesta terceira xornada de festival o jazz volverá a soar nas rúas coa actuación de Swing Session Quartet ás 13:00 h na rúa Joaquín Yáñez (Diante de De Cholo Café Bar).