Así é o programa do penúltimo día de ImaxinaSons 2013. Coa imaxe dunha banda de antiheroes irreverentes, Mostly Other People Do the Killing resulta do encontro de novos e sorprendentes músicos liderados polo contrabaixista Moppa Elliott. O seu concerto en Vigo é un dos pratos fortes desta novena edición do festival. Pola súa parte, Tora Tora Big Band recolle o espíritu das vellas big bands dirixíndose a un público que baila, facendo un percorrido polos sons latinos, africanos, árabes, reggae ou drum´n bass.