Durante a mañán desenvolverase o obradoiro de improvisación libre e jazz impartido pola saxofonista Chefa Alonso. Ás 20:30 no salón de actos do MARCO o trío Molimo, do que ela forma parte, ofrecerá un espectáculo-viaxe de creación musical xunto á cantante Cova Villegas e a violoncellista Barbara Meyer.