Nesta ocasión é o guitarrista e compositor Marcelino Galán (A Coruña, 1972) quen chega a esta novena edición cun novo traballo baixo o brazo. Trátase do disco The Gift, no que se acompaña dalgúns dos mellores músicos de jazz do país. Na recta final do festival, un obradoiro da man de Germán Díaz e o concerto de Dead Capo na praza da Constitución (23:00 h) completan o programa da xornada do xoves 4.