Uri Caine pasou polo festival na edición 2010 como parte do quinteto do trompetista de Nova York, Dave Douglas. En 2017, en trío con Kenny Davis, baixo, e Clarence Penn, batería, dous grandes da escena neiorquina, inaugura o venres 30 de xuño o festival. Se hai un adxectivo que se repite con Uri Caine é versatilidade. Desde a súa chegada a Nova York, Caine publicou trinta e dous álbums como líder. Gravou co seu jazz trío, co Bedrock Trio, co seu ensemble, interpretando arreglos de Mahler, Wagner, Beethoven, Bach e Schumann, así como solos de piano.

Uri Caine (Filadelfia, EUA, 1957) é un dos teclistas máis versatiles da última década. De formación tanto clásica como jazzística, tocou desde moi novo con grandes figuras como Philly Joe Jones e Joe Henderson. Traballou en grupos liderados por Dave Douglas, Terry Gibbs, Arto Lindsay, Don Byron, etc. e os seus arranxos de composicións clásicas de, entre outros, Mahler e Beethoven tiveron unha magnífica acollida. Desde a súa chegada a Nova York, Caine publicou trinta e dous álbums como líder. Gravou cd’s co seu jazz trío, co Bedrock Trio, co seu ensemble, interpretando arreglos de Mahler, Wagner, Beethoven, Bach e Schumann, así como solos de piano.

Kenny Davis naceu en Chicago. Trasladouse a Nova York en 1986, e durante os anos noventa, Davis fixo xiras con notables artistas de jazz como Herbie Hancock, Dianne Reeves en Art Farmer. No ano 2009 gravou o seu primeiro traballo como líder, Kenny Davis no selo Daken records. Desde que chegou a Nova York, en 1991, Clarence Penn estivo tocando con grande cantidade de músicos. A súa abraiante discografía inclúe varios centos de gravacións de estudio (entre elas, as gañadoras do Grammy, “34th” e “Lex” de Randy Brecker e “Concert in the Garden” e “Sky Blue” de Maria Schneider), ademais xirou moito por América, Europa, Xapón e o sureste asiático.

Jazz na Noite con Marosa Jazz Project

E despois do concerto inaugural, Marosa Jazz Project, desde Burela, chega a Imaxina Sons 2017 no primeiro Jazz na Noite deste ano, no Vitruvia Café ás 23:00. En formación cuarteto, con Mario Arranz, contrabaixo, Rubén Montes, congas e percusión, Christian Delgado, batería, e Israel Arranz, vibráfono e composicións. O seu último disco leva como título “Lémbrame”. Aquí seguen afondando na linguaxe do latin-jazz e incorporan ao mesmo o vibráfono como algo pioneiro. Israel Arranz é o compositor de practicamente todos os temas, salvo un que é peza de Dimitris Angelakis, vibrafonista grego e figura destacada.

As entradas para o concerto de Uri Caine Trio están á venda en ticketea.com e na billeteira do recinto desde unha hora ante.