Esgotadas as entradas do concerto inaugural de Hermeto Pascoal e Grupo

A organización do festival informa que as entradas para o concerto do artista Hermeto Pascoal previsto para este venres 1 de xullo no Auditorio Municipal do Concello, dentro do Imaxina Sons'16, están esgotadas. Por este motivo, o despacho de billetes do auditorio só funcionará para a recollida das entradas vendidas anticipadamente. O festival continúa até o vindeiro sábado 9 de xullo. As entradas para os concertos de pago do Auditorio Municipal do Concello e do MARCO poden adquirirse de maneira anticipada en ataquilla.com e na Central de Espectáculos de Vigo (Velázquez Moreno, 26).