Desde o 16 de xuño xa podes mercar as túas entradas para o 10ºFestival de Jazz de Vigo ImaxinaSons (26 xuño-5 xullo) en servinova. Lembra que as entradas para os concertos do Auditorio Municipal do concello (Marco Mezquida Trio, Gilad Hekselman Trio, Alberto Conde-Shakir Khan: Human Evolution Music Project, Hugo Carvalhais Nebulosa Trio, Michael Wollny, Lucía Martínez Berliner Projekt AzulCielo) teñen un prezo de 5 euros e as dos concertos do MARCO (Pierre Bastien, Xavi Lozano, Bruitage), 3 euros. Tamén se poden adquirir entradas na Central de Espectáculos de Vigo (Velázquez Moreno, 26). Ao prezo hai que sumar os gastos de xestión na venda anticipada, especialmente recomendada para aquelas persoas que se desprazan ao festival desde fóra de Vigo.