No caso da operadora ferroviaria, será unha rebaixa do 35% en billetes que se aplicará sobre a tarifa xeral, e que é válida para calquera tipo de tren e clase na que se viaxe. As persoas interesadas poden descargar o bono no que se inclúe o número de autorización que deben introducir na página web da compañía á hora de comprar os billetes (congresos/eventos). O desconto estará activo para viaxar entre o 24 de xuño e o 7 de xullo.

O procedemento con Iberia será similar, e aplicarase un desconto do 15% aos vós con destino a Vigo de Iberia Express (Madrid directo), así como doutras aeroliñas do grupo: Vueling (Barcelona) e Air Nostrum (Bilbao). Accede aquí.