Para ImaxinaSons é un pracer ser escenario da posta en marcha dun novo e cobizoso proxecto como é Baldo Martínez Cuarteto Europa que reúne a algunhas das figuras do jazz continental: o violinista Dominique Pifarély, o contrabaixista Baldo Martínez, o batería Ramón López e o trombonista Samuel Blaser. O concerto terá lugar o sábado 29 de xuño ás 21h no Auditorio Municipal do Concello e a entrada ten un prezo de 5€. Pero xa pola mañán comeza o cicuíto "Jazz fóra de lugar" cos grupos de jazz da nosa contorna co concerto de Javier Marcos Trío na rúa Londres (Detrás do MARCO, 13:00)