Un concerto interactivo para nenas, nenos, mamás, papás, avoas, avós, e xentes inquedas en xeral. Será ás 12h na rúa Londres e marcará o comezo do programa de obradoiros e actividades Academia de Sons, que se estrea nesta edición. Na tardiña, unha das sorpresas musicais dos últimos tempos: Hyperpotamus (MARCO, 20:30 h).