A xornada conta con dous concertos de primeira liña de jazz como son o de Ari Hoenig Trio (21h, Auditorio Municipal do Concello) e o de Richard Galliano. Tangaria Quartet (Praza da Constitución, 23h). O acordeonista francés encherá a praza da Constitución de elegancia e tango co seu proxecto Tangaria Quartet.