Apúntate á Academia de Sons!

Un concerto didáctico de Odaiko Percussion Group, diferentes obradoiros e a estrea en Vigo da película A film about kids & music compoñen o programa da Academia de Sons. A participación nos obradoiros precisa dunha inscrición previa a través do teléfono gratuíto 010, até as 14:00 h do venres 28 de xuño.