Dentro do termo municipal de Vigo se poden observar paisaxes de mar e montaña, restos do legado histórico e do definitivo crecemento da cidade a partires da década final do século XIX, momento…


patrimonio natural

Dentro do termo municipal de Vigo se poden observar paisaxes de mar e montaña, restos do legado histórico e do definitivo crecemento da cidade a partires da década final do século XIX, momento no que a cidade conforma unha fachada pétrea que a identifica hoxe en día.

O crecemento definitivo e a trasformación en grande cidade comezaron a fraguarse fai cincuenta anos, ao convertirse Vigo en foco dos procesos de industrialización intensiva. Podemos distinguir dous tipos de visitas posibles segundo a clase de percorridos que se queiran facer: unha orientada a coñecer a paisaxe natural (a ría, as praias ou os parques forestais que rodean a cidade), e outra dirixida a visitar as súas principais construcións e lugares de especial relevancia.

Vigo está rodeada por un anel de parques forestais, entre os que destacan os de Beade, Valadares, Bembrive, Zamáns, ou Candeán. En pleno centro urbán atópanse os parques de O Castro e A Guía. Desde ambos disfrútase de magníficas vistas da ría e unha coidada selección de especies arbóreas. Outro parque urbán ligado á historia da cidade é o Parque de Castrelos ou Quiñones de León, que contén xardíns históricos e un pazo, legado a Vigo pola familia propietaria a principios do século XX.

É posible percorrer a pé grandes tramos do litoral: de Bouzas a Alcabre, onde nos atopamos o Museo do Mar, para a continuación chegar a Samil, a praia urbana por excelencia. O paseo pode continuar ata chegar á praia de O Vao, un exemplo de recuperación de flora e fauna marítima.

Outras ligazóns


Organiza:

Concello de Vigo

Patrocina:

Caixanova

Colabora:

Xunta de Galicia
Xacobeo