6º Festival de Jazz de Vigo

A rota polos vestixios arqueolóxicos debe comezar no parque do Castro, onde se conserva parte dun poboado castrexo, orixen da cidade actual, para a continuación dirixirnos á vila romana de Toralla, en proceso de musealización.

Vigo. patrimonio cultural

Os equipamentos culturais da cidade están encabezados pola nómina de museos que se distribúen en torno a tres rotas, por un lado os museos e centros culturais do centro da cidade:

  • MARCO: Museo de Arte Contemporánea de Vigo Centro de arte contemporánea con salas de exposicións adicadas ao arte nacional e internacional no que se realizan coidadas exposicións de tesis.
  • Casa das Artes: sala municipal de exposicións temporais.
  • Centro Cultural Caixanova: Primer espazo para a cultura na cidade, foi obra do arquitecto Antonio Palacios.
  • Centro Sociocultural Caixanova: Novo centro da entidade financieira que conta con múltiples salas de exposicións temporais ademais de acoller varios auditorios e a colección permanente de arte galego de Caixanova.
  • Fundación CaixaGalicia: Conta cunha programación estable nas súas salas de exposiciónes e conferencias.