A rota polos vestixios arqueolóxicos debe comezar no parque do Castro, onde se conserva parte dun poboado castrexo, orixen da cidade actual, para a continuación dirixirnos á vila romana de Toralla, en proceso de musealización.


patrimonio cultural

A rota polos vestixios arqueolóxicos debe comezar no parque do Castro, onde se conserva parte dun poboado castrexo, orixen da cidade actual, para a continuación dirixirnos á vila romana de Toralla, en proceso de musealización. Hoxe en día se conservan de época medieval tres igrexas románicas: Santiago de Bembrive, San Salvador de Coruxo e Santa María de Castrelos, esta última con interesantes pinturas murais de época renacentista.

Vigo mantén no seu centro histórico magníficos exemplos de arquitectura renacentista representados nas casas de Zeta e Figueroa (hoxe Instituto Camoes de cultura portuguesa) e prazas empedradas que acolleron os mercados de produtos ao aire libre. Pódese realizar un percorrido polo centro histórico que inclúe ademais a visita a rincóns como A Pedra, os restos do baluarte de A Laxe e o paseo polos exemplos da mellor arquitectura rexionalista e modernista da pasada centuria na Alameda e o paseo de Montero Ríos.

Os equipamentos culturais da cidade están encabezados pola nómina de museos que se distribúen en torno a tres rotas, por un lado os museos e centros culturais do centro da cidade:

  • MARCO: Museo de Arte Contemporánea de Vigo Centro de arte contemporánea con salas de exposicións adicadas ao arte nacional e internacional no que se realizan coidadas exposicións de tesis.
  • Casa das Artes: sala municipal de exposicións temporais.
  • Centro Cultural Caixanova: Primer espazo para a cultura na cidade, foi obra do arquitecto Antonio Palacios.
  • Centro Sociocultural Caixanova: Novo centro da entidade financieira que conta con múltiples salas de exposicións temporais ademais de acoller varios auditorios e a colección permanente de arte galego de Caixanova.
  • Fundación CaixaGalicia: Conta cunha programación estable nas súas salas de exposiciónes e conferencias.
  • Fundación Laxeiro: Museo adicado a uns dos máis importantes pintores da corrente renovadora da arte galega que se iniciou nos anos 20.
  • Casa da Cultura Galega-Museo Fernández del Riego: Conta coa principal biblioteca sobre edicións en galego así como co legado das Fundacións Penzol e Fernández del Riego.
  • Centro de Artesanía Tradicional: Centro de exposición, desenvolvemento e recuperación dos oficios de artesanía.
  • Casa do Cesteiro: Sala de exposición e formación sobre o oficio da cestería.

Se nos alonxamos un pouco do centro e nos diriximos cara a zona da Pastora-Castrelos podemos ver

  • Museo de Castrelos: Singular arquitectura pacega de orixen renacentista que alberga as colecciónes de arqueoloxía, historia da cidade e arte galega do século XX, así como unha colección de primeiras firmas de pintura europea.
  • Museo Olimpio Liste: Museo situado nunha construción burguesa dos anos cincuenta que exhibe coleccións de etnografía cun moderno e ameno montaxe.
  • Iglesia Románica de Castrelos: conta con pinturas renacentistas no seu interior, puidendo verse nela un amplo catálogo de elementos decorativos do románico rural.

Na franxa marítima se atopan:

  • Museo do Mar: antiga fábrica de salazón que se sitúa nun belo paraxe de praias e que recollerá todos aqueles aspectos históricos e científicos da relación de Vigo co mar.
  • Verbum, Casa das Palabras: museo interactivo sobre a comunicación humana
  • Restos arqueolóxicos da Vila romana de Toralla: a vila romana de Toralla conta con múltiples vestixios do desenvolvemento das relacións entre a poboación indíxena e a romanizada nos primeiros séculos da nosa era.

Outras ligazóns


Organiza:

Concello de Vigo

Patrocina:

Caixanova

Colabora:

Xunta de Galicia
Xacobeo