Aínda que apenas quedan vestixios, os primeiros asentamentos humanos na cidade de Vigo pertencen ao Neolítico; das épocas anteriores, – Paleolítico e Mesolítico – se ten constancia de presenza humana
O crecemento da cidade iníciase no século XII, aínda que o seu desenvovemento económico era moi inferior ao doutras poblacións como Baiona e Redondela, que podían comerciar por mar con outras vilas por decisión real. Esta situación non se solventa ata o século XVIII, cando desaparece o monopolio de algunhas cidades sobre o comercio marítimo. A economía da Ría de Vigo debe á riqueza das súas augas, onde a sardiña reproducíase de forma moi notable, os factores desencadeantes do seu desenvolvemento. Si as accións de piratas e corsarios unimos os desastres da peste poderemos entender que tanto o comercio como a pesca e a artesanía teveron unha errática evolución ata que no século XVI os armadores da cidade conseguiron da coroa a patente de corso.