Aínda que apenas quedan vestixios, os primeiros asentamentos humanos na cidade de Vigo pertencen ao Neolítico; das épocas anteriores, – Paleolítico e Mesolítico – se ten constancia de presenza humana
Aínda que apenas quedan vestixios, os primeiros asentamentos humanos na cidade de Vigo pertencen ao Neolítico; das épocas anteriores, – Paleolítico e Mesolítico – se ten constancia de presenza humana a partires dos instrumentos e ferramentas atopados nalgunhas zonas da cidade; da Idade do Bronce son relevantes os petroglifos atopados en varias parroquias; teñen singular importancia os abundantes restos da cultura castrexa e de toda a etapa romana localizados tanto no núcleo urbano como nos seus arredores e que revelan que as relacións comerciais por mar proceden xa desa época.
Desde a Idade Media as costas viguesas recibiron as constantes incursións de piratas procedentes do norte de Europa, un fenómeno que dificultaba o seu crecimento e o conseguinte desenvolvemento económico. A pequena vila de Vigo, seguindo unha constante na sociedade galega, dependía do poder relixioso.