Aínda que partamos do tópico da cociña galega tradicional en esencia sinxela e elaborada a partires de excelentes e variados produtos que pouco necesitan de adornos e condimentos, en Vigo se pode disfrutar de cociñas moi variadas para moi diferentes tipos de público e exixencias económicas.
Aínda que partamos do tópico da cociña galega tradicional en esencia sinxela e elaborada a partires de excelentes e variados produtos que pouco necesitan de adornos e condimentos, en Vigo se pode disfrutar de cociñas moi variadas para moi diferentes tipos de público e exixencias económicas.
A importancia do porto pesqueiro de Vigo permite ofrecer nos restaurantes da cidade pratos da mellor calidade a base de pescados e mariscos preparados tanto a partires de receitas da cociña tradicional galega como das máis elaboradas receitas de cociña internacional.
Se seguimos a rota do Sur chegamos a Baiona A Real, poboación con marcada tradición mariñeira a onde chegou a noticia deo descubrimento de América, data que se conmemora anualmente na festa da Arribada. Baiona conserva o sabor de vila mariñeira cun interesante casco histórico.
Desde Baiona chegamos a A Guarda, poboación na que desemboca o Río Miño e un dos polos de atracción do turismo en Galicia pois está presidida polo castro de Santa Trega, principal xacemento arqueolóxico galego.
O Miño é aquí A Porta, un río que une dous pobos irmáns. A interesante rota polas cidades fronteirizas do Miño nos leva de A Guarda a Caminha, de Goián a Vilanova da Cerveira, de Tui a Valença, de Salvaterra a Monçao, onde poderemos rememorar as complicadas relacións entre pobos limítrofes en función dunha xeografía política conflictiva.
Por autovía podemos chegar a Tui, poboación fronteriza que conserva as súas murallas e rivaliza en beleza e estado de conservación coa súa homóloga portuguesa, Valença.
A só 150 kilómetros por autopista atópase Porto, segunda cidade en importancia do veciño país e centro económico e financieiro da metade norte de Portugal. O grande desenvolvemento cultural que amosa a cidade, con equipamentos de enorme interese como a Casa da Música ou a Fundación Serralves incentivaron os fluxos de información Galicia-Portugal.
Seguindo a A-9 chegamos a Pontevedra, cidade que conserva un dos centros históricos máis completos de Galicia. Os vestixios da ruta xacobea están presentes en construcións como a Igrexa de Santa María o a Peregrina.
O Camiño remata en Santiago de Compostela, cidade Patrimonio da Humanidade e capital cultural de Galicia. Unha catedral en si mesma, perfecto exemplo de convivencia entre pasado e presente que soupo crecer e adaptarse as novas necesidades mantendo unha tradición construtiva armoniosa. Aínda que Santiago é unha cidade abarcable, os equipamentos culturais son moitos e moi interesantes polo que non está de máis dedicarlle varias xornadas.
Seguindo a A-9 chegamos a A Coruña, antiga capital do Reino de Galicia e centro da tradición financieira. A Coruña desenvolveuse afrontando a súa dificil relación cunha paisaxe agreste presidida pola Torre de Hércules, antigo faro romano.
Hoxe en día dominouse a natureza e a península aparece coma un paseo accesible no que destacan as construcións modernistas en cristal, a Praza de María Pita, o Castelo de San Antón e a mencionada Torre de Hércules, que conviven con modernos edificios como a Domus.