Concertos. Dhafer Youssef Quartet
O virtuosismo da voz e do oud de Dhafer Youssef (Teboulba, Túnez, 1967) chega á oitava edición de Imaxina Sons. O músico, que instalou o seu espazo creativo en Europa, explora novas vías para unha música que xorde das súas raíces sufís e das súas capacidades vogais. Con ese punto de partida, Youssef acadou un grande recoñecemento no ámbito jazzístico. A voz de Dhafer Youssef en directo soa como a voz da serenidade; a ensamblaxe que fai entre a música de raíz islámica e os elementos do jazz contemporáneo converteuse nun dos sucesos do jazz europeo dos últimos anos
- Dhafer Youssef, laúde e voz
- Kristjan Randalu, piano
- Phil Donkin, contrabaixo
- Chader Sardjoe, batería
- info