17 / 25 xuño 2011


Neil Cowley Trio

Concertos. Neil Cowley Trio


O pianista Neil Cowley (Londres, 1972) descríbese como un outsider. Porén, a súa frenética actividade musical e o éxito conseguido nos últimos anos sitúao no centro musical do jazz. Ou quizais do pop, porque Neil Cowley fai unha lectura jazzística da música popular das últimas décadas. Este pianista, que di estar nas marxes, non ten parada: colabora con iconas do pop como o grupo Stereophonics, crea música para unha campaña televisiva de telefonía móbil, recolle premios e distincións e ten oportunidade de desenvolver, desde hai seis anos, un proxecto sólido á fronte do seu trío. Non está a inventar, Cowley, o encontro entre o jazz e a tradición británica do pop-rock, pero si o impregna de nova forza e frescura.
Cowley procede do ámbito pop rock e formou parte desde os anos noventa de grupos como Brand New Heavies e Zero 7; despois montou o seu propio proxecto, Fragile State, no que exploraba as posibilidades electrónicas. Nalgún momento o proxecto perdeu sentido para o músico que iniciou un proceso de redescuberta do piano e a formación do trío. Desde aquela o Neil Cowley pode participar en festivais como Glanstonbury e o Itunes Festival, centrados no pop e no rock, pero formando parte das citas jazzísticas máis relevantes, non só no Reino Unido, senón en toda Europa.

Neil Cowley piano 

Ruth Goller contrabaixo
 
Even Jenkins batería


Colabora

Organiza

casa do libro
Xunta de Galicia
Xunta de Galicia
2011, ano da música de Galicia
novacaixagalicia
Concello de Vigo