7º Festival de Jazz de Vigo

Roberto_Somoza

Concertos. Roberto Somoza Jazz Orquestra


The Vanguard

Por un lado, un tributo ao saxo alto. Por outro lado, un formato de orquestra moderna de jazz. Con eses vimbios, Roberto Somoza (Londres, 1971) constrúe o seu cuarto traballo como líder, The Vanguard (Xingra, 2009), que vai presentar no 6º Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons.

Con algúns dos mellores músicos do país, Somoza segue medrando e presenta unha selección de composicións orixinais cunha pequena orquestra cimentada na suma dun formato de cuarteto máis unha sección de metais. Creatividade e frescura que se poderán gozar nese club de jazz ao aire libre que será a Praza da Constitución durante o festival.

  • Roberto Somoza, saxofón alto
  • Hansel Luís Díez, trompeta e fliscorno
  • José Somoza, trompeta e fliscorno
  • Fernando Froján, trombón
  • Pedro Lamas, saxo barítono
  • Jacobo de Miguel Bueres, piano
  • Kin García, contrabaixo
  • Fernando Llorca, batería