7º Festival de Jazz de Vigo

Red Trio + John Butcher

Concertos. Red Trio + John Butcher


O convite era prometedor. Tres músicos da nova escena da improvisación libre portuguesa chaman a un dos grandes exploradores da música desde a década dos setenta. O resultado en forma de minixira en Portugal acada un grande éxito.

O británico John Butcher (Brighton, Reino Unido, 1954) únese aos membros de Red Trio para mostrar en Vigo o porque desa aclamación.

Dúas xeracións de músicos unidas con conceptos afíns ao redor da música improvisada. Á intensidade do traballo do trío portugués, que ás veces pode ser definido case como violento, súmase a experiencia dun saxo que xa hai tempo que rachou coa barreira do son.

  • Rodrigo Pinheiro, piano
  • Hernâni Faustino, contrabaixo
  • Gabriel Ferrandini, batería
  • John Butcher , saxo