7º Festival de Jazz de Vigo

Pierre Favre

Concertos. Pierre Favre Solo


Poetry in Motion

¿Pódese facer poesía coas baquetas e os pratos dunha batería? Non son poucos os que din que o percusionista Pierre Favre (Le Locle, Suíza, 1937) escrebe poema e pinta cadros cando se concentra na súa batería.

Un dos expoñentes do free jazz europeo, procedente dun país, Suíza, pródigo en percusionistas, chega a Imaxina Sons coa súa proposta solista na que desprega toda a súa inventiva e sensibilidade. A batería de Favre independízase do seu papel rítmico convencional e, da man do suízo, consegue ser vehículo de ritmo e melodía provocando que os concertos solistas de Favre acaden dimensións orquestrais. Un ano máis, o MARCO acolle dentro da cita do jazz de Vigo propostas singulares e excéntricas –no sentido literal primeiro da palabra– que exploran lugares recónditos dentro da improvisación.

  • Pierre Favre, batería