7º Festival de Jazz de Vigo

Pasacalles. Pasacalles


13:00 Rúa Príncipe

A forza dos sons metálicos da Gangbé Brass Band converte as súas actuacións nunha festa chea de cores e mensaxes sociais.

Procedente da República Africana de Benin, a Gangbé Brass Band combina o jazz e a tradición do seu país, marcada polos ritmos vudú e as cancións en linguas locais. Trompeta, corneta, percusión e un instrumento parecido á tuba, o souzafón, serven para fusionar jazz e folclore nunha aposta decididamente contemporánea.

  • Ahlouandjinou O. Magloire, trompeta
  • Ahouandinou W. Martial, trombón
  • Avihoue Banoit, percusións
  • Dehopumon Athanase, bugle
  • Gbaguidi Lucien, saxofón
  • Kpitiki Crespin, percusións
  • Vodounnon James, souzafón
  • Eric Yovogan, trompeta