7º Festival de Jazz de Vigo

Monkillos

Concertos. Monkillos


Co seu disco In Monk We Trust (Freecode, 2009), os Monkillos fan toda unha declaración de intencións sobre o seu proxecto musical.

Por unha banda, a adhesión incondicional á congregación de seguidores dese grande músico chamado Thelonius Monk, que o trío galego reinterpreta rendido de admiración.

Por outro lado, a pretensión única de facer música que chegue aos pés e ás cabezas dun amplo público. Miguel Cabana (A Coruña, 1975) Marcelino Galán (A Coruña, 1972) e Xacobe Martínez Antelo (Santiago de Compostela, 1976) remexen na súa fórmula a música de Monk, a tradición afrocubana e os sons flamencos e, no conxunto, destaca a pericia técnica de cada un destes tres músicos da nova xeración jazzista do país.