Desde hai anos Germán Díaz (Valladolid, 1978) traballa para amosar que a zanfona é un instrumento que se adecúa perfectamente á música contemporánea.
Por esa razón, para moitos especialistas é un dos músicos máis sorprendentes dos últimos tempos; algúns din que toca a zanfona como se fose un instrumento distinto –póñase o caso, o violín–, o certo é que a sonoridade do instrumento nas mans de Díaz resulta impredicible.
Diego Martín é un dos baterías máis recoñecidos en España nos últimos tempos; desde os anos noventa formou parte de bandas de pop, de folk e de jazz, entre eles un dos grupos españois máis exitosos, Celtas Cortos.
Ambos proceden desa terra interior que é Castela pero adoran os froitos de mar; Germán Díaz muda en langosta e Diego Martín en centola cando soben ao escenario como Marisco Fresco.