7º Festival de Jazz de Vigo

FK MONOBLUE

Concertos. Franz Koglmann Monoblue Quartet


Lo-lee-ta. Music on Nabokov

O espectador ideal para un concerto do compositor e trompetista Franz Koglmann (Mödling, Austria, 1947) debe, en primeiro lugar, ter a mente aberta, é dicir, rexeitar unha estrita división dos xéneros musicais e, en concreto, do que é ou non é jazz.

Como segunda condición desexable, debe, se non ser experto, ter interese pola poesía, as artes visuais, o cine, a filosofía ou a cultura popular. Koglmann aborda o jazz desde todas estas disciplinas; nesta ocasión, a novela Lolita de Vladimir Nabokov, publicada en 1955, é o leiv motiv do proxecto.

Para o músico austríaco, o jazz impregna a música de todos os estilos, pero entendido como dogma xa non ten razón de ser; así de contundente amósase o trompetista que deixou de beber do free jazz para ter cada vez máis afinidade co cool jazz, esa corrente xurdida na Costa Oeste norteamericana nos anos cincuenta como solución de continuidade para o jazz.

  • Franz Koglmann, trompeta e fliscorno
  • Tony Coe, saxo alto e clarinete
  • Ed Renshaw, guitarra e electrónica
  • Peter Herbert, contrabaixo