6º Festival de Jazz de Vigo

  • Auditorio “Martín Codax” do Conservatorio Superior de Música. 26.06.2010, 10:30.
  • Prezo: Gratuito

Clases maxistrais. Clase maxistral

Clase maxistral de Franco D´Andrea no Conservatorio de Música

Desde finais dos setenta, un ano si e outro tamén, a crítica italiana considera a Franco D´Andrea (Merano, Italia, 1941) o mellor músico de jazz do país; non ten pouco mérito nun país no que o jazz bule e que conta cunha xeración de músicos, que medrou nos anos oitenta, e que constitúe unha escena de referencia dentro do jazz mundial.

Pero é que ás dotes de D´Andrea para a composición e a interpretación únese unha capacidade de sedución que atrapa ás audiencias iniciadas pero tamén a aqueles que se achegan por vez primeira ao jazz.

Posúe unha maneira de comunicar directa e didáctica, que aplica como profesor en conservatorios e seminarios e que quedou ben retratada no documental Jazz Pianist, realizado en 2006 por Andreas Pichler, que recollía a voz de toda unha xeración de jazzistas italianos ao redor da figura de Franco D´Andrea. En formación de cuarteto, xunto a Andrea “Ayace” Ayassot, saxo alto, Aldo Mella, contrabaixo e Zeno de Rossi, batería, Franco D´Andrea chega á sexta edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons.