Mónica de Nut Trío
A música de Mónica de Nut Trío mestura a linguaxe do jazz co son e algunhas dinámicas da música clásica, sen por iso pechar as portas á experimentación e aos trazos que caracterizan a música de raíz galega. No seu repertorio combina estándares da tradición jazzística con temas propios e algúns clásicos da bossa nova.
Mónica de Nut, voz, Paco Dicenta, contrabaixo, e Virxilio da Silva, guitarra, teñen no seu horizonte inmediato a gravación dun disco.