7º Festival de Jazz de Vigo

Ciclo «Jazz na noite». Ciclo Jazz na Noite


Hansel Luis Quartet

Este é o primeiro proxecto como líder do trompetista de orixe cubana afincado na Coruña Hansel Luis Diez, que presenta un traballo baseado na fusión de ritmos latinos e afrocubanos coas raíces do jazz americano e europeo.
Estará acompañado do pianista Sergio Delgado, o baixista Octavio Vargas e o batería Miguel Cabana. Hansel Luis Diez iniciouse como trompetista profesional na Orquestra Sinfónica Nacional de Cuba e foi na Coruña onde se iniciou no mundo do jazz.