7º Festival de Jazz de Vigo

Zingaro

Concertos. Carlos "Zíngaro" Solo


Violín con electrónica

Carlos “Zíngaro” (Lisboa, 1948) é un activista da arte experimental; expoñente da música improvisada europea, o violinista e compositor fundiu o seu traballo ao longo das últimas catro décadas noutras disciplinas como a danza, o teatro ou o cine.

Ademais desenvolve a súa creatividade noutras lides como a ilustración e a banda deseñada, traballo gráfico que se pode ver en moitas das súas edicións discográficas. Pero é como virtuoso do violín desde o campo da improvisación como se presenta nesta sexta edición de Imaxina Sons cunha proposta electrónica.

O son que Carlos “Zíngaro” extrae do violín aseméllase aos sons dos instrumentos de vento, xa que máis que referencias de violín, o músico portugués ten unha admiración especial por clarinetistas e saxofonistas.

Na súa longa traxectoria participou nas grandes citas de jazz e da música de vangarda en todo o mundo, para o Festival de Jazz de Vigo é unha honra poder incluír no seu programa a presenza dun dos violinistas máis interesantes da escena actual.