7º Festival de Jazz de Vigo

. Botazz! (O swing do jazz)


Un can, dous gatos, un rato e catro músicos sobre o escenario. Nesta sexta edición de Imaxina Sons achegámonos ás audiencias máis cativas cunha obra teatral musical, Botazz! O swing do jazz, especialmente escrita e composta para o festival, que contará con música en vivo. Esta obra narra a historia dun can con pouco ritmo que é posto en apuros por uns felinos vagabundos e pícaros con moito swing. No espectáculo empregarase a técnica de luz negra e muppets (monicreques) fluorescentes, e incluirase a interpretación musical en directo como parte fundamental da montaxe. O auditorio municipal de Vigo acolle tres funcións (12h, 17.30h e 19h) desta peza durante a xornada do 24 de xuño.

Botazz, o protagonista, é un can cheo de pulgas que vive feliz ata o día que perde o seu maior tesouro: o seu óso. O óso foi roubado polos vándalos do barrio, Toz e Moko, dous gatos tolos e pícaros, cuxa maior diversión é amolar a todos, entre eles a Botazz e a Timo, un rato ao que tamén lle quitaron o seu ben máis querido: o seu queixo. Pero a sorte de Toz e Moko cambiará cando Botazz e Timo se coñezan e decidan urdir un plan para recuperar o seu óso e o seu queixo. De que vai o plan? Quen axudará a Botazz e a Timo? En que trampa caerán os gatos? Estas e outras cousas cóntanse en Botazz! O Swing do Jazz.

No Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons sempre houbo preocupación por chegar aos públicos máis novos, xa que esta foi unha demanda do público nas últimas edicións; neste ano 2010 preséntase en primicia esta produción co obxectivo de atraer a un público esixente, o dos pequenos, combinando unha trama divertida coa interpretación musical ao vivo.

Ficha Artística:

Actores / Manipuladores
Chisco Casteleiro (Botazz, can)
Xurxo Cortázar (Toz, gato 1)
Santiago Alonso (Moko, gato 2)
Rogelio Lema (Timo, rato)
Músicos
Lucas Fixel (batería)
Rafael Fernández (guitarra)
Antonio Bello (contrabaixo) Manuel Otero (trompeta)
Deseño de Arte e Dirección de Monicreques
Santiago Alonso
Construción de Monicreques e Aderezo
Santiago Alonso, Óscar Ferreira, Suso Fernández, Tatiana García
Vestiario
Lola Gómez
Son
Daniel Abalo
Produción
Chisco Casteleiro
Música Orixinal
Raymundo Salazar
Dirección Musical
Alejandro Rubio
Guión
S. Alonso, A. Bayer, LM. Rodríguez
Dirección
Luis Miguel Rodríguez