7º Festival de Jazz de Vigo

Atlantic Bridge

Concertos. Atlantic Bridge


O pianista Alberto Conde (Caracas, 1960) e o guitarrista Steve Brown (Nova York, 1942) coñecéronse en 1980 no primeiro seminario de jazz de Banyoles (Girona); daquela Conde aínda era un intérprete de guitarra que aínda non se pasara ao piano e Brown era unha referencia xa no mundo do jazz. No ano 1985 volveron coincidir en Galicia no I Seminario de Jazz que tivo lugar en Poio, xa convencido Alberto Conde da súa adicación ao piano. Eses dous encontros supuxeron o xérmolo do que vinte e tres anos despois denominaron Atlantic Bridge, ou sexa, unha ponte sobre o océano para unir Galicia e Nova York a través do jazz.

O proxecto nace sobre unhas liñas musicais caracterizadas por un forte contido melódico de raíz galega e ibérica, tamizado polo son e a creación do jazz ensamble neoiorquino. En formación de sexteto nace este grupo co lanzamento dun primeiro album co mesmo título que dá nome á banda, rendendo unha homenaxe ás clásicas formacións de orquestra en formato reducido, cuxo repertorio de creación propia está directamente relacionado coas músicas do mundo enraizadas na música de orixe ibérica, latina e europea. Nesta grabación realizada nunha única xornada de cinco horas, un xoves 26 de febreiro de 2009 nos estudos Pyramid Sound de Ithaca College (New York), recóllense composicións dunha clara estética relacionada co jazz de cámara europeo, acomodadas con estilos que combinan ritmos de orixe latina, de procedencia europea e americana, sen perder a estética do jazz, sempre presente, que fan deste traballo un disco diferente, relacionado directamente cun son a banda sonora de jazz.

  • Steve Brown, guitarra
  • Walter White, trompeta
  • Roberto Somoza, saxo
  • Alberto Conde, piano
  • Miguel Cabana, batería
  • Kin García, contrabaixo