13 horas: Peatonal do Calvario
Gústalles o jazz que, fundamentalmente, era interpretado para bailar.
Papa Swing son Pedro Garrido, trompeta, Javier Magallanes, saxo tenor, Guillaume Deplus, contrabaixo, David Merino, percusión, Ricardo Lewis, violín e Eduardo Martinez, banxo. O seu repertorio baséase en standards de dixie e de swing apropiados para un día de verán nas rúas da cidade.
13:00 Pasacalles
19 horas: C.C.Camelias-Praza América
Gústalles o jazz que, fundamentalmente, era interpretado para bailar.
Papa Swing son Pedro Garrido, trompeta, Javier Magallanes, saxo tenor, Guillaume Deplus, contrabaixo, David Merino, percusión, Ricardo Lewis, violín e Eduardo Martinez, banxo. O seu repertorio baséase en standards de dixie e de swing apropiados para un día de verán nas rúas da cidade.
19:00 Pasacalles
21 horas: Príncipe e a súa contorna

21:00 Pasacalles
Unha das figuras máis queridas e respectadas do mundo do jazz, o saxofonista Charles Lloyd (Memphis, EUA, 1938), chega á quinta edición do Festival Imaxina Sons de Vigo co seu máis recente proxecto, Rabo de Nube (ECM Records, 2008). Para a crítica estadounidense, a reaparición de Lloyd liderando un cuarteto con este novo traballo pon de manifesto dúas cousas: que con setenta anos o músico non perdeu o seu gusto pola experimentación e que esta formación é unha das mellores que liderou o saxofonista na súa longa carreira. O concerto que abre esta nova edición do festival reborda excelencia artística con cada un dos músicos que acompañan a un saxofonista con lenda de enigmático, en boa parte derivada do seu silencio fóra do escenario. Porén, sobre escena imparte unha lección de jazz das mellores.
Lloyd pasa por ser o primeiro músico de jazz en vender un millón de discos co album Florest Flower, gravado en directo no festival de Monterrei en 1966 cun Keith Jarret de vinte anos ao piano. Tamén por ser o primeiro jazzman estadounidense que fai unha xira pola Unión Soviética con parada en Moscú un ano despois. Nos últimos vinte anos, e ligado á compañía ECM, gravou trece discos –nalgún deles como Voice in the nigth (1999) colaborou o seu amigo da adolescencia, o grande baterista Billy Higgins- e continúa xirando por todo o mundo. India, Emiratos Arabes, Suiza, Alemaña, Francia, Turquia, Austria, Holanda ou Turquía, con chimpos trasatlánticos intercalados como o que o levou recentemente ao Carnegie Hall de Nova York co seu anterior proxecto Sangam. Esa é só unha parte do itinerario de Charles Lloyd en 2009, o que terá percorrido antes de chegar á quinta edición do Festival Imaxina Sons de Vigo.
22:00 Charles Lloyd

Esta formación viguesa reivindica o jazz vocal e a voz neste caso é responsabilidade de Javier Jaso, tamén saxofonista.
Ao xeito dun crooner, o cantante revisita grandes clásicos do jazz americano e bota unhas pingas de bossa nova coa pretensión de transportar ao ouvinte a un ambiente que forma parte do imaxinario colectivo. Con Jaso están no escenario Luis Vaquero no piano, Israel Real na guitarra, Loren Tabarés no contrabaixo e Cholo Soto na batería.
Swing vocal actualizado sen prescindir da parte máis creativa destes cinco músicos.
00:00 Jazz na noite
13 horas: Independencia-Praza América-Praza Emigrante
Gústalles o jazz que, fundamentalmente, era interpretado para bailar.
Papa Swing son Pedro Garrido, trompeta, Javier Magallanes, saxo tenor, Guillaume Deplus, contrabaixo, David Merino, percusión, Ricardo Lewis, violín e Eduardo Martinez, banxo. O seu repertorio baséase en standards de dixie e de swing apropiados para un día de verán nas rúas da cidade.
13:00 Pasacalles
19 horas: C.C. Praza Elíptica e a súa contorna
Gústalles o jazz que, fundamentalmente, era interpretado para bailar.
Papa Swing son Pedro Garrido, trompeta, Javier Magallanes, saxo tenor, Guillaume Deplus, contrabaixo, David Merino, percusión, Ricardo Lewis, violín e Eduardo Martinez, banxo. O seu repertorio baséase en standards de dixie e de swing apropiados para un día de verán nas rúas da cidade.
19:00 Pasacalles
Jacobo de Miguel, piano, e* Ton Risco*, vibráfono, recalcan que Dúo resulta de sumar dúas individualidades que levan anos desenvolvendo experiencias diferentes, mais que atoparon puntos de converxencia como a paixón pola música improvisada e certo gusto polo preciosismo. Os comúns denominadores entre o asturiano Jacobo de Miguel e o galego Ton Risco, —que poden apreciarse nun proxecto cuxa edición discográfica (Free Code, 2008) conta con oito temas propios e dúas adaptacións de Miles Davis (Solar) e de Freddie Hubbard (Up Junped Spring) respectivamente—, son argumento de abondo para atreverse coa xuntanza de piano e vibráfono. Conscientes dos instrumentos que teñen entre máns e das posibles combinacións entre eles, os dous músicos amortecen o poder sonoro destes para conversar neste Dúo de maneira equilibrada, sen solapamentos, deixando que cada un deles eclosione nos momentos de improvisación.
Rita Marcotulli (Roma, 1959) é unha das principais figuras musicais en Italia; unha pianista e compositora que desde os anos setenta indaga nas posibilidades do jazz. Da música brasileira deixouse conducir irremediablemente ao jazz nun escenario, o italiano, que a principios da década dos anos oitenta fervía de jazzeiros. O trompetista Enrico Rava era reclamado fóra do país e aparecían coa etiqueta de promesas nomes como o do contrabaixista Giovani Tommaso, que a acompaña nesta xira, ou o do trompetista Paolo Fresu, que participou na edición do Imaxina Sons de 2006, hoxendía recoñecidos en toda Europa. Estabase a constituir unha xeración de músicos, da cal Rita Marcotulli foi un dos poucos nomes de muller no medio daquel viveiro que moito daría de sí ao longo dos anos. O talento de Rita Marcotulli como compositora e a súa execución de piano espontánea e preciosista permaneceron semiocultos durante anos poñéndose agora en primeira liña a través de proxectos como esta Homenaxe a Pink Floyd.
En 1987 a revista italiana Musica Jazz escóllea como mellor talento e un anos despois o grande baterista Billy Cobham convídaa a participar nunha xira co seu grupo. De maneira paralela, traballa con Palle Danielsson, Anders Jormin e Nils Petter Molvaer. Á súa volta a Italia a principios dos noventa tras unha estadía de seis anos en Suecia, comeza a desenvolver proxectos propios, con asociacións artísticas que serán importantes na súa traxectoria como a que establece coa cantante Maria Pia de Vito ou, posteriormente, cun dos solistas europeos máis interesantes do jazz, o saxofonista británico Andy Sheppard.
21 horas: Praza Compostela-Montero Ríos
Gústalles o jazz que, fundamentalmente, era interpretado para bailar.
Papa Swing son Pedro Garrido, trompeta, Javier Magallanes, saxo tenor, Guillaume Deplus, contrabaixo, David Merino, percusión, Ricardo Lewis, violín e Eduardo Martinez, banxo. O seu repertorio baséase en standards de dixie e de swing apropiados para un día de verán nas rúas da cidade.
21:00 Pasacalles

Este cuarteto mantense activo desde 2006 actuando de maneira habitual en clubs e festivais de jazz. Ao redor das composicións do contrabaixista Paco Dicenta reúnense Virxilio Da Silva na guitarra eléctrica, Max Gómez na batería e Fernando Sánchez cos saxos. Non exclúen algún standard do seu repertorio como tampouco fuxen, fano de cando en vez, dunha sesión de música libre, sen partituras.
Ao redor deste cuarteto móvense sempre colaboradores vocais e instrumentais que reforzan o grupo no directo, que é realmente no que concentra o traballo o cuarteto de Dicenta.
01:30 Jazz na noite
13 horas: Príncipe e a súa contorna

19 horas: C.C. Travesía e a súa contorna
Gústalles o jazz que, fundamentalmente, era interpretado para bailar.
Papa Swing son Pedro Garrido, trompeta, Javier Magallanes, saxo tenor, Guillaume Deplus, contrabaixo, David Merino, percusión, Ricardo Lewis, violín e Eduardo Martinez, banxo. O seu repertorio baséase en standards de dixie e de swing apropiados para un día de verán nas rúas da cidade.
19:00 Pasacalles
Jamalandruki era o nome dun ilusionista nado nos anos trinta do século pasado en Pamplona e que levou os seus números de maxia por todas as vilas e cidades navarras. Os seus trucos quedaron no imaxinario de moitos daqueles cativos e cativas que puideron presenciar os seus espectáculos, entre eles o saxofonista Josetxo Goia-Aribe, quen rende homenaxe co seu último proxecto La Orquesta Jamalandruki a un home que malia a ter engaiolado o público durante décadas,
morreu no anonimato. Coñecida é a paixón de Goia-Aribe por atopar referentes próximos para a súa música, unha indagación que abala do folk ao jazz e que con este seu sexto disco pretende seguir os camiños daquel ilusionista teimudo que regalaba momentos máxicos á súa audiencia.
Historias cotiás, anécdotas familiares, poemas e son tradicionais teñen inspirado a Josetxo Goia-Aribe na súa travesía polo jazz. O saxofonista e compositor, ademais de profesor de improvisación no Centro Superior de Música de Euskadi, aposta por unha música chea de enerxía , acostumado a moverse sen ningún complexo entre aqueles que etiquetan o seu traballo como novas músicas ou folk. Como el mesmo recoñece, mantén sempre un espello retrovisor polo que non perde de vista a cultura tradicional e, de feito, lembra con agrado os seus tempos de rapaz gaiteiro polas romarías interpretando repertorios populares sen horarios e co único escenario da rúa. Cando percibiu as limitacións que tiña aquel instrumento para as ideas que bulían na súa cabeza, estudou saxo en San Sebastián e posteriormente pasou catro anos en París antes de voltar á súa terra. La Orquesta Jamalandruki é o seu sexto proxecto discográfico; antes gravou Auñamendi (Karonte, 1996), Eunate (Karonte, 1998), Herrimiña (Karonte, 2000), Ilhargi-Min (Musikametak, 2003) e Los pendientes de la reina (Errabal, 2007).
Se hai algo que indubidablemente caracteriza a traxectoria de Josetxo Goia-Aribe é esa viaxe a través da paisaxe musical de seu utilizando como vehículo o estilo jazzístico. Por esa razón e pola súa teima en estirar toda esa bagaxe tradicional e próxima até chegar á transgresión, o seu traballo resulta, en palabras da crítica, persoal e identificable. Peculiar e asemade amable. Con formación de quinteto —catro ventos e percusión— e co proxecto La Orquesta Jamalandruki, o composi-
tor navarro fainos unha proposta de jazz con ecos de charanga, de romaría, de infancia e, por suposto, de gozo. Un jazz que evoca bos momentos e que se constrúe con esa equipaxe común que todos levamos e que se chama imaxinación. Sen ela non existirían magos como Ricardo Rebolledo Zubiarrain, de alcume Jamalandruki, capaces de permanecer na lembranza de cativos como Josetxo Goia-Aribe para inspiralo décadas despois nun disco cargado de sensibilidade e
emoción.
Con Le Voyage de Sahar, o músico Anouar Brahem (Túnez, 1957) consolida o singular trío que forman o seu oud –o laúde árabe-, o piano de François Couturier e o acordeón de Jean Lois Matinier. Esta viaxe musical polas paisaxes do Magreb pero tamén evocadora das da fría Europa supón unha continuación de Le pas du chat noir (ECM, 2002), disco concebido como proxecto para piano no que o trío Brahem / Couturier /Matinier decatouse do que daba de sí a combinación instrumental. Minimalista e hipnótico como o anterior, Le Voyage de Sahar (ECM, 2006) amosa a querencia do tunecino pola improvisación e polo jazz e debuxa xa máis nitidamente ese novo son no que Anouar Brahem indaga con este formato de trío.
O músico tunecino ten sido ousado en moitas das súas formulacións; se ben agora as irmandades instrumentais que promove resultan do máis estimulante, xa tiña mérito previamente ao ter situado o oud como instrumento solista cando tradicionalmente tense utilizado de acompañamento. A súa actividade discográfica é especialmente intensa nos noventa e vinculada á casa discográfica alemá ECM. Nos anos noventa tamén participou en bandas sonoras para o cine como as das películas Asfour stah de Férid Boughedir (1990) Bezznes de Nouri Bouzid (1992) Samt el qusur de Moufida Tlatli (1994). Apagado o conflito do Líbano en 2006 entre o exército israelí e Hezbolá, foi el mesmo quen se puxo detrás da cámara para dirixir o documental Mots d’après la guerre (Palabra xurdidas da guerra, 2007) protagonizado por artistas e intelectuais libaneses.
21 horas: Peatonal do Calvario
Gústalles o jazz que, fundamentalmente, era interpretado para bailar.
Papa Swing son Pedro Garrido, trompeta, Javier Magallanes, saxo tenor, Guillaume Deplus, contrabaixo, David Merino, percusión, Ricardo Lewis, violín e Eduardo Martinez, banxo. O seu repertorio baséase en standards de dixie e de swing apropiados para un día de verán nas rúas da cidade.
21:00 Pasacalles

Este cuarteto mantense activo desde 2006 actuando de maneira habitual en clubs e festivais de jazz. Ao redor das composicións do contrabaixista Paco Dicenta reúnense Virxilio Da Silva na guitarra eléctrica, Max Gómez na batería e Fernando Sánchez cos saxos. Non exclúen algún standard do seu repertorio como tampouco fuxen, fano de cando en vez, dunha sesión de música libre, sen partituras.
Ao redor deste cuarteto móvense sempre colaboradores vocais e instrumentais que reforzan o grupo no directo, que é realmente no que concentra o traballo o cuarteto de Dicenta.
01:30 Jazz na noite
13 horas: Alameda de Bouzas
Gústalles o jazz que, fundamentalmente, era interpretado para bailar.
Papa Swing son Pedro Garrido, trompeta, Javier Magallanes, saxo tenor, Guillaume Deplus, contrabaixo, David Merino, percusión, Ricardo Lewis, violín e Eduardo Martinez, banxo. O seu repertorio baséase en standards de dixie e de swing apropiados para un día de verán nas rúas da cidade.
13:00 Pasacalles
19 horas: Verbum-Samil

Podemos escoitar cuncos tibetanos, saxofóns, computadores, cazolas, contrabaixos, frautas do mundo, axóuxeres, guitarras eléctricas, maracas rechamantes ou violíns. Podemos ver como o conxunto de músicos se divide en dous formando dúas orquestras independentes. Ou –e iso chamará moito a nosa atención- como o director, nesta ocasión nada menos que Fred Frith (Heathfield, Reino Unido 1949), pide unha nota con peculiares sinais. A Orquestra de Música Espontánea de Galicia (O.m.e.g.a) non quere poñerllo fácil á audiencia, que asiste a un proceso de composición musical durante o cal os músicos transforman en son os xestos do director, convertendo cada sesión en única e afastándose de conceptos como disco ou, simplemente, repertorio. Porén, os ao redor de vinte músicos que participan do proxecto, procedentes de ámbitos musicais e artísticos diversos, pretenden que a audiencia sexa parte necesaria da experiencia O.m.e.ga. O inclasificable compositor e guitarrista británico Fred Frith únese ao movemento espontáneo galego.
19:30 O.m.e.g.a
21 horas: Praza Constitución e a súa contorna
Gústalles o jazz que, fundamentalmente, era interpretado para bailar.
Papa Swing son Pedro Garrido, trompeta, Javier Magallanes, saxo tenor, Guillaume Deplus, contrabaixo, David Merino, percusión, Ricardo Lewis, violín e Eduardo Martinez, banxo. O seu repertorio baséase en standards de dixie e de swing apropiados para un día de verán nas rúas da cidade.
21:00 Pasacalles
En Weather Report, grupo emblemático do que se chamou jazz eléctrico, confluíron a principios dos anos setenta nos Estados Unidos o contrabaixista checo Miroslav Vitous, o saxofonista Wayne Shorter e o teclista austríaco Joe Zawinul, quen ademais compuña para o grupo. Na formación orixinal participaban ademais o percusionista Airto Moreira e o batería Alphonse Mouzon. O grupo que se mantivo activo até mediados dos anos oitenta –o baixista Jaco Pastorius pasou a formar parte del en 1975- nacera influído polo traballo de Miles Davis en discos como Bitches Brew. Unhas das figuras representativas do jazz europeo, Miroslav Vitous (Praga, República Checa, 1947), rende tributo no proxecto Remembering Weather Report á unha experiencia colectiva da que el participou durante tres anos e que propuña cociñar o jazz con rock e con funk.
Todos os músicos que formaron parte do proxecto Weather Report recoñecen a trascendencia que supuxo na súa carreira. Se uns anos antes da súa morte, Zawinul adaptaba temas do grupo para big band, agora é outros dos seus fundadores quen trae de novo ao fronte o legado de Weather Report. Para o seu primeiro disco como líder, Infinite Search (Embryo, 1970) Vitous contou co saxofonista Joe Henderson, o pianista Herbie Hancock, John McLaughlin na guitarra e Jack DeJohnette na batería, o cal da idea da confianza que inspiraba o talento do xoven checo entre os grandes. Colaborou con músicos como Stan Getz ou Herbie Mann e formou nos primeiros oitenta un trío histórico con Chick Corea e Roy Haynes. Hoxe en día o prestixio de Miroslav Vitous vai parello ao seu carácter de instrumentista de culto converténdoo nunha das referencias do jazz europeo; por esa razón contar de novo con el –participou no primeiro festival Imaxina Sons- na quinta edición dun festival comprometido co jazz continental é unha boísima nova.
22:00 Miroslav Vitous
Presentación do libro Improvisación libre.La composición en movimiento de Chefa Alonso.
Participan a autora e o compositor e pianista Agustí Fernández.
20:30 Conferencia
Por momentos perturbadora e por momentos delirante, Lucia Recio defínese como cantante improvisadora e vocalista. De orixe andaluza, o seu traballo desenvolveuse en Francia onde emigrou a súa familia e onde naceu, marcado pola experimentación e pola procura dun folclore contemporáneo. Pola súa parte o británico Fred Frith leva corenta anos na vangarda musical como compositor e multiinstrumentista, recoñecido fundamentalmente pola guitarra e con proxectos de música improvisada que se achegan ao rock e ás novas músicas. Dramática, intensa, ruidosa e, tamén, un chisco aditiva. Así é a proposta do dúo de Lucia Recio e Fred Frith no quinto Festival Imaxina Sons.
O xeito de cantar de Lucia Recio é a expresión das angustias a das alegrías da vida; agora doce, despois abrupta, esta artista explorou coa súa voz vivencias persoais como a dor e a nostalxia da familia que vive fóra do seu país e que soña con volver. En canto a Fred Frith tivemos a oportunidade de achegarnos á súa personalidade musical en constante procura de novas sonoridades a través do documental Step Across the Border ( Nicolas Humbert, Werner Penzel, 1990), —proxectado na pasada edición do festival— que en 2000 foi escollido polos críticos da revista Cahiers du Cinema como un dos cen mellores filmes da historia. O retrato dun músico inclasificable, que deixou Europa a finais dos anos setenta para ir a Nova York e integrarse na escena local do downtown con outros inclasificables como John Zorn ou Tom Cora.
21:30 Lucia Recio & Fred Frith

Marcos Teira, na guitarra flamenca, Pepe Sendón, na percusión e no vibráfono e Xacobe Martínez Antelo, no contrabaixo, son U-lo Trío? unha proposta acústica que indaga nas formas rítmicas do flamenco. Tres músicos de longa e frutífera traxectoria xuntos nesta formación, nacida hai dous anos e cun repertorio que mestura jazz (Miles Davis, Charles Mingus, Thelonious Monk), rock (John Lennon, Jimmy Hendrix) e a música popular de calquera recanto do mundo con atención especial ao legado latinoamericano (Simon Diaz, Heitor Villa-Lobos, Rafael Hernández).
23:00 Jazz na noite
O encargado de impartir a master class da quinta edición do Festival de Jazz de Vigo “Imaxina Sons” é o mestre da improvisación e guitarrista británico Fred Frith. Un luxo para todos aqueles músicos e afeccionados que queiran ter un tête-à-tête cun dos nomes senlleiros da música de vangarda.
Tivemos a oportunidade de achegarnos á personalidade musical de Fred Frith en constante procura de novas sonoridades a través do documental Step Across the Border ( Nicolas Humbert, Werner Penzel, 1990), proxectado na pasada edición do festival, que en 2000 foi escollido polos críticos da revista Cahiers du Cinema como un dos cen mellores filmes da historia.
O documental retrata a este músico inclasificable, que deixou Europa a finais dos anos setenta despois dunha década como parte de Henry Cow, grupo vangardista onde ademais da guitarra tocaba o violín, o baixo, o piano e o xilófono. Tras chegar a Nova York, Frith intégrase na escena local do downtown con outros inclasificables como John Zorn ou Tom Cora.
A discografía de Frith é inabarcable, xa que aparece nos créditos de máis de catrocentos discos sexa como solista, en banda ou en colaboración. Nesta edición de Imaxina Sons Fred Frith dirixe a Orquestra de Música Espontánea de Galicia e únese á Lucia Recio nunha experiencia artística chea de xogo e de indagación, de poesía e de ruído. A clase maxistral redondea a súa participación nunha edición tan especial do festival.
11:00 Master Class: Fred Frith
Anécdotas jazzísticas-Segunda parte
Mesa redonda coa participación dos críticos Juan Claudio Cifuentes, director do programa Jazz porque sí (RNE) e Javier de Cambra, colaborador do programa Sonideros de Radio 3 (RNE) e crítico de jazz de La Razón.
20:30 Conferencia
Cunha abraiante traxectoria xa, o pianista Agustí Fernández (Palma de Mallorca, 1954) é o nome de referencia na música de vangarda española. Se o recoñecemento internacional dun músico se mide na cantidade e calidade de artistas que o reclaman desde diferentes partes do mundo, Agustí Fernández está no alto. Presente en relevantes eventos jazzísticos e admirado por este público, Fernández nunca se considerou un músico de jazz en sentido estrito. En terra de ninguén ten construído unha sólida carreira na que a experimentación funciona como motor. Os seus son proxectos de libre improvisación nos que, coma nunha conversa, un vai enfiando os temas sen guión previo, procurando o vocabulario axeitado, tirando proveito dos silencios e deténdose naqueles aspectos que lle interesa subliñar.
A súa discografía abrangue traballos en dúo, trío e outras formacións, como o que gravou en 2003 co Evan Parker Electro-Acoustic Ensemble, formación á que pertence desde 2002, titulado Memory/Vision e que o converteu no primeiro músico español en editar coa prestixiosa casa alemá ECM. Convencido de que a música contemporánea con todas as súas posibles texturas debe ter un espazo normalizado na sociedade, Agustí Fernández é ademais profesor de improvisación na Escola Superior de Música de Cataluña desde 2001, sendo o primeiro titular desta materia nun centro oficial español.
21:30 Agustí Fernández

Marcos Teira, na guitarra flamenca, Pepe Sendón, na percusión e no vibráfono e Xacobe Martínez Antelo, no contrabaixo, son U-lo Trío? unha proposta acústica que indaga nas formas rítmicas do flamenco. Tres músicos de longa e frutífera traxectoria xuntos nesta formación, nacida hai dous anos e cun repertorio que mestura jazz (Miles Davis, Charles Mingus, Thelonious Monk), rock (John Lennon, Jimmy Hendrix) e a música popular de calquera recanto do mundo con atención especial ao legado latinoamericano (Simon Diaz, Heitor Villa-Lobos, Rafael Hernández).
23:00 Jazz na noite
Cinco edicións de Imaxina Sons. Os desafíos dun festival de jazz
Mesa redonda coa participación de Baldo Martínez, director artístico do festival
e os críticos Tomás Sendón e Alejandro Cifuentes
20:30 Conferencia
Comezou tocar porque o facían outros nenos e por ter algún acompañamento cando cantaba. Nin de lonxe pensaba Marc Ducret (París, 1957) adicarse á música profesionalmente , porén estando na universidade ofrecéronlle facer unha substitución nunha banda de rithm & blues coa que estivo de xira durante un ano. De volta a casa, xa non tiña outra cousa na cabeza máis que tocar a guitarra. Hoxe en día é un dos máis reputados guitarristas europeos con proxectos a ambos lados do Atlántico. Marc Ducret considérase un músico ecléctico que sitúa moitas das súas músicas favoritas nos anos sesenta e na música popular.
En 1986 entra a formar parte da Orquestra Nacional de Jazz de Francia coa que participa en máis de oitenta concertos e un ano máis tarde recebe o premio Django Reihardt seguido do galardón da revista Jazz Hot ao mellor guitarrista en 1988. Nos noventa comeza a colaborar co saxofonista Tim Berne nas formacións Big Satan e Science Fitction, co que gravou máis de dez discos e co que actúa regularmente nos Estados Unidos. Na quinta edición de Imaxina Sons Marc Ducret, que colaborou ao longo da súa carreira con músicos como Larry Schneider, David Friedmann, Michel Portal, Didier Lockwood, Eric Barret, Miroslav Vitous, Enrico Rava, Django Bates ou Michel Godard, preséntase en solitario. Un guitarrista nada convencional que non procura público nos seus concertos xa que di que ese é o concepto que se manexa para vender, senón oíntes. Aqueles que van escoitar, o acto esencial da música.
21:30 Marc Ducret

Marcos Pin e Carlos López crearon Organic Collective para poder tocar composicións que non atopaban acomodo noutros grupos seus. Jazz de vangarda, funk, soul e jungle. En 2007, ao pouco tempo de dar o seu primeiro concerto, gravan o disco Maybe in Other Life nos estudios da Radio Galega. A Pin, guitarrista, e a Carlos López, batería, núcleo do grupo,súmanse Pablo Castaño no saxo e Paco Dicenta no baixo eléctrico. Nos últimos tempos aparece un quinto elemento en Organic Collective: o pianista Juan Galiardo.
23:00 Jazz na noite
13 horas: Mercado de Teis e contorna de Sanjurjo Badía
Creativos e divertidos. Así son este grupo de artistas que integran a fanfarria catalana Always Drinking Marching Band, que comezou a súa andaina en 1997 dando un chimpo cara a profesionalización en 2004 co espectáculo La calle es nuestra, que traen ao Imaxina Sons. Eis a súa especialidade; tomar a rúa con calidade musical e irreverencia a partes iguais. Dez músicos e un clown, coreografías e gags cómico-teatrais e, sobre todo, unha grande interacción co público. Convirten calquer espazo público nun concerto de rock and roll mesturando temas propios con versións imposibles.
13:00 Pasacalles
19 horas: Centro Comercial Gran Vía

20:50 Pasacalles
A sabedoría musical de cada un deles daría xa para un tratado. A suma de traxectorias e experiencias dos tres converte a súa unión nun dos feitos máis reseñables do jazz peninsular nos últimos tempos. A crítica non escatima eloxios: trátaos de allstars, de ases e de magos do jazz. Vellos coñecidos, Javier Colina, contrabaixo, Marc Miralta, batería, e Perico Sambeat, saxofonista, coincidiran xa hai dez anos na gravación do disco New York Flamenco Reunion, un proxecto liderado por Miralta que fusionaba jazz, flamenco e ritmos latinos alternando versións con composicións propias. Anos despois os tres amigos voltan reunirse, esta vez sen compañía doutros, para amosar a súa mestría técnica e artística, que non vai en detrimento da complicidade co público e do bo humor enriba do escenario.
O saxofonista Perico Sambeat (Valencia, 1962), un dos nomes do jazz español con maior proxección internacional, recibiu numerosos premios e colaborou nunha morea de gravacións xunto a músicos como Bernardo Sassetti, Bob Sands, Chano Domínguez e Llibert Fortuny, entre outros. Da valía musical de Javier Colina (Pamplona, 1960) dan idea os nomes aos que ten acompañado, tanto no ámbito jazzístico, como George Cables, John Hicks, Loui Bellson, Jimmy Owens e Tete Montoliu, entre outros, como no flamenco, con Carmen Linares, Enrique Morente e Tomatito, ou na escena cubana con Compay Segundo e Chucho e Bebo Valdés. Marc Miralta (Barcelona, 1966) comezou coa batería aos sete anos e tivo tempo para estudiar percusión clásica e aprender a tocar as táboas hindues. Pasou polo Berklee College of Music de Boston e ten actuado con artistas como Pat Metheny, Paquito D´Rivera, Gary Barton e Tete Montoliu, entre outros.
Parabéns aos seguidores de Frank Zappa. Saxo, voz e, por suposto, o seu sentido do humor e os seus bailes característicos, distinguiron a Napoleon Murphy Brock desde o momento que se incorporou á banda do xenial músico estadounidense a principios dos anos setenta. Sen dúbida, o saxofonista e cantante será un dos pratos fortes desta quinta edición do Festival Imaxina Sons de Vigo. Non só testemuña, senón protagonista dos momentos máis brillantes da traxectoria de Zappa, Napoleon Murphy Brock comparece en Vigo acompañado de Low Budget Research Kitchen. En 2006 fórmase no Porto (Portugal) este colectivo con oito instrumentistas e cunha única motivación: tocar a música de Frank Zappa. Desde aquela levan actuado en numerosos espazos e eventos en Portugal e agora preséntanse na quinta edición do Festival Imaxina Sons nunha actuación de luxo tendo como convidado a Napoleon Murphy Brock.
A Napoleón Murphy Brock descubriuno Zappa en Hawaii cando tocaba nun club coa banda de soul Gregarious Movement e convenceuno para que se integrara no seu equipo. Era o ano 1973 e Napoleon Murphy pasaba pouco despois a formar parte das últimas aliñacións do grupo The Mothers of Invention participando en discos tan sinalados como o directo Roxy & Elsewhere (DiscReet Records,1974) ou One Size Fits All (DiscReet Records, 1975). Zappa procuraba en Napoleón Murphy Brock non só un saxofonista, senón tamén un cantante e frontman. Acadouno e converteuno nunha figura fundamental no seu proxecto até finais dos setenta. Pola súa banda, o proxecto de Low Budget Research Kitchen tense feito un oco nos eventos musicais máis relevantes de Portugal. O Imaxina Sons acólleos na súa primeira incursión galega, nin máis nin menos que cun cómplice da xenialidade de Zappa durante case vinte anos.

Os membros de Dorian Gray proceden do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra e da Escola Estudio de Santiago de Compostela e, en 2005, deciden formar o grupo en Vigo. Jose Ignacio (Nacho) Novoa á guitarra, Jaime Garrido no baixo e Luis Belín á batería defenden un repertorio maioritariamente composto por pezas propias nas que fusionan jazz, rock, funk e blues. A este trío fundacional néselle habitualmente un cuarto membro, en ocasións o trompetista Miguel (Trompi) e noutras o pianista Adrián Blanco.
00:30 Jazz na noite
13 horas: Peatonal do Calvario
Creativos e divertidos. Así son este grupo de artistas que integran a fanfarria catalana Always Drinking Marching Band, que comezou a súa andaina en 1997 dando un chimpo cara a profesionalización en 2004 co espectáculo La calle es nuestra, que traen ao Imaxina Sons. Eis a súa especialidade; tomar a rúa con calidade musical e irreverencia a partes iguais. Dez músicos e un clown, coreografías e gags cómico-teatrais e, sobre todo, unha grande interacción co público. Convirten calquer espazo público nun concerto de rock and roll mesturando temas propios con versións imposibles.
13:00 Pasacalles
19 horas: Montero Ríos-Praza de Compostela

21 horas: Centro Comercial A Laxe

Andreas Willers (Berlín, Alemaña, 1957) está considerado un dos mellores guitarristas do jazz actual. Influído polo blues, pola improvisación e polas novas músicas, Willers explora tamén as posibilidades do campo electrónico e das músicas étnicas. A súa versatilidade como intérprete conduce a guitarra con mestría no máis amplo espectro estilístico. O seu rexistro como intérprete abala entre o son bizarro –como nas súa recreacións de Jimmi Hendrix- e o vangardismo que impregnan traballos como Montauk (edición discográfica en Between the lines, 2005), que presenta nesta quinta edición de Imaxina Sons. Como compositor, cada proxecto parte dunha idea ou concepto; no caso de Montauk, dunha obra literaria de Max Frisch.
Non é a primeira vez que o guitarrista xermano procura inspiración na literatura para compoñer; de feito iniciou esta liña conceptual co disco Tin Drum Stories (Between the Lines, 2000) tendo como punto de partida a famosa obra do Premio Nobel Alemán Günter Grass Die Blechtrommel (O tambor de folla de lata), publicada en 1959. Con Montauk, Willers recupera efectos de guitarra propios dos anos sesenta e alguns trazos de música étnica, especialmente canto toca o banxo, reserva un papel especial no proxecto para o violín de Dominique Pifárely, que xa visitou como solista o Festival Imaxina Sons na súa segunda edición de 2006. Ambos son os piares sobre os que se asenta o compacto resultado sonoro de Montauk, un proxecto con amplitude de miras no que a escritura de Willers axústase perfectamente á interpretación dos seus compañeiros de formación.
21:00 Andreas Willers
O guitarrista Pepe Evangelista rexistra con Teima (Audia Records, 2007) un proxecto que supón un punto de inflexión na súa experiencia na escritura de jazz. O propio guitarrista recoñece que, sen perder o seu sentido da melodía, apartouse do rigor clasicista a favor dunha composición e interpretación que nalgún momento achégase ao free jazz. Pepe Evangelista é unha desas figuras imprescindibles para entender o auxe do jazz no país e concretamente nunha cidade como A Coruña. Actualmente é o responsable do departamento de jazz no Conservatorio Superior de Música desa cidade. Reúnense neste proxecto xunto a el tres das figuras máis dinámicas e relevantes do jazz no país con moitos puntos en común. Roberto Somoza ten actuado desde moi novo na escena jazzística, nun primeiro momento na cidade da Coruña na que actualmente é profesor de saxofón no Grao Superior de Jazz do Conservatorio. O saxofonista colaborou con músicos diversos e editou dous discos como líder Regra de Tres (Xingra, 2004) e Tempos de Cambio (Xingra, 2006). Kin García estodiou nos conservatorios de Santiago de Compostela e A Coruña e axiña comezou a colaborar con músicos como Alberto Conde e Xesús Pimentel, primeiro, e Nani García e Fernando Llorca, despois. Son máis que reseñables as súas relacións co mundo do folk e tamén imparte clase, no seu caso de baixo eléctrico, no conservatorio da Coruña. O batería Miguel Cabana, coñecedor xa como os seus compañeiros do festival Imaxina Sons en anteriores edicións, é un reputado batería que colabora habitualmente con músicos como Alberto Conde e Carmen Rey.
En Santiago de la Muela podemos atopar moitas das características dos mellores músicos de jazz e, por suposto, todas as cualidades necesarias que precisa un profesional deste estilo no contexto español. Ademais da mestría coa guitarra e da habilidade compositiva, Santiago de la Muela posúe a teimosía e a paixón precisa para embarcarse en proxectos cobizosos, sexa formar unha big band, transmitir coñecementos aos novos músicos ou representar os intereses dos profesionais do jazz –presidiu a asociación de Madrid e ten participado doutras plataformas de apoio ao jazz-. O canario coñece ben cales son as tarefas dun músico todoterreo dentro dun contexto como o jazzístico: compoñer, arranxar, interpretar, pero tamén xestionar, promocionar e vender. A creación e mantemento dunha big band supón unha nova tan extraordinaria como excepcional xa que os problemas loxísticos e económicos que carrexa non son poucos; se ademais se trata dunha orquestra dirixida con acerto, cun equilibrado repertorio en directo de orixinais —con temas como Samba para Pepita, adicada á nai do guitarrista, ou Fin de trayecto, adicado a un familiar republicano do guitarrista morto na guerra do 36, ambos incluídos no disco Líneas Paralelas- e estandars, unha sólida sección rítmica, co contrabaixista Christian Pérez, o baterista Carlos “Sir Charles” González e unha das poucas mulleres solistas de jazz en España, a pianista Marta Sánchez, ademais dun colectivo de músicos xóvenes que poñen ao día o espíritu das big bands de sempre, non é de estrañar a boa acollida que Santiago de la Muela Jazz Orchestra tivo no circuito.

O Angeles Dorrio Cuarteto presentouse en sociedade a principios deste ano 2009 con versións de nu-jazz, neo-soul, por un lado e temas de creación propia, por outro. Voz experimentada de jazz e soul, Ángeles Dorrio está arroupada neste cuarteto polo cubano Sergio Delgado, teclista e director musical do proxecto, de Octavio Vargas ao baixo eléctrico e de Miguel Cabana na batería.
Amante do soul e do acid jazz, Ángeles Dorrio explora con esta formación un novo e diferente camiño na súa traxectoria.
01:30 Jazz na noite
O músico alemán, nacido en 1972, é unha das xóvenes e reputadas figuras do jazz europeo e nesta edición de 2009 de Imaxina Sons, participou na primeira co seu grupo Root 70, integra a formación de Lucas Niggli cun concerto o sábado 4 de xullo no Teatro Salesianos.
En diferentes formacións, Nils Wogram ten participou nos máis importantes festivais europeos e con Root 70 xirou por todo o mundo.
A súa actividade discográfica nos últimos tempos tamén é intensa: en 2008 gravaba con Root 70 o cuarto disco desta formación, titulado on 52nd 1/4 street, un directo con
arume a Nova Orleans, e recentemente, neste mesmo ano, editaba coa banda Lush o disco Pretty Good News (Unit Records).
Nils Wogram consegue que o trombón soe dun xeito non contemplado até agora no mundo do jazz, ese é o seu selo e o que provoca que crítica e público sigan de perto a súa traxectoria desde hai máis de dez anos. Da súa técnica brillante e versatilidade, así como dun certo gusto vintage que se pode apreciar nas súas gravacións, serán testemuñas directas aquelas persoas que participen da clase maxistral do trombonista.
13 horas: Praza de América e a súa contorna
Creativos e divertidos. Así son este grupo de artistas que integran a fanfarria catalana Always Drinking Marching Band, que comezou a súa andaina en 1997 dando un chimpo cara a profesionalización en 2004 co espectáculo La calle es nuestra, que traen ao Imaxina Sons. Eis a súa especialidade; tomar a rúa con calidade musical e irreverencia a partes iguais. Dez músicos e un clown, coreografías e gags cómico-teatrais e, sobre todo, unha grande interacción co público. Convirten calquer espazo público nun concerto de rock and roll mesturando temas propios con versións imposibles.
13:00 Pasacalles
19 horas: Príncipe-Urzaiz-Gran Vía (diante do Corte Inglés)

21 horas: Praza da Constitución e a súa contorna

O percusionista Lucas Niggli (Camerún, 1968) ven de sumar ao trío formado con Nils Wogram e Philipp Schaufelberger, de lónxeva e frutífera traxectoria, as incorporacións de Anne La Berge e Barry Guy para formar o novo quinteto Big Zoom. A formación comezou rodar por escenarios escollidos a finais do pasado ano e o Festival Imaxina Sons é un dos espazos seleccionados para disfrutar dunha reunión, sen dúbida, de alto nivel jazzístico. A proposta de Lucas Niggli, que abrangue do power rock ao free jazz pasando por estadios variados cun maxistral encaixe de escritura e improvisación, amosa como funciona unha estrutura de traballo xa consolidada, a que forma o trío, cando se amplían as miras do encadre e intégranse novos recursos. De trío a quinteto. Ou o que é o mesmo, de Zoom a Big Zoom.
Lucas Niggli comparece ante o público do festival vigués cunha formación brillante. Como compañeiros habituais, o guitarrista Philipp Schaufelberger e o trombonista Nils Wogram, que xa participou na primeira edición de Imaxina Sons co cuarteto Root 70, que soou como unha pequena e eficaz orquestra grazas en boa parte aos recursos deste músico alemán. Até aí teríamos o Zoom. Para acadar o Big Zoom conta ademais co innovador contrabaixista Barry Guy, quen participou por partida dobre da cuarta edición de Imaxina Sons, coa súa propia orquestra e en solitario, e coa excepcional frautista estadounidense, ainda que asentada en Amsterdam, Anne La Berge, quen racha con calquera preconcepción sobre o seu instrumento tras anos de exploración musical.
21:00 Lucas Niggli
Carlos López (A Coruña, 1979), un dos nomes propios da última fornada de jazzistas galegos, ven de editar o seu segundo disco como líder baixo o título de Last Minute (K industria). O estilo de López, recoñecido especialmente polo seu cuarteto, abrangue desde o jazz tradicional e o hard bop ata os sons característicos do selo alemán ECM, aínda que tamén inclúen no seu repertorio standards con arranxos persoais do baterista, quen reivindica o jazz de autor á hora de definir o seu proxecto. O Festival Imaxina Sons non é un evento estraño para el; participou na edición de 2006 co seu propio cuarteto e como baterista, xunto a Fernando Llorca, da Imaxina Sons Orquestra. Agora na quinta edición sube ao escenario cos músicos que participaron na gravación de Last Minute, entre eles os cantantes londinenses Radhika e MC Stormy. Carlos López manifestou en máis dunha ocasión o seu convencimento da existencia dun público galego de jazz interesado e maduro. Con apenas trinta anos de idade, pode gabarse de ter tocado con Gilberto Gil, Benny Green, Bob Mover, Raynald Colom, Bred Wiltmore, Abe Rábade, Arturo Serra, Roberto Somoza, Alberto Conde, Baldo Martínez. Marcelino Galán, Manolo Gutiérrez e Pablo Seoane.
Con dezasete discos baixo o brazo —e o décimo oitavo a piques de sair—, o recoñecemento de crítica e público e nome habitual nos máis relevantes festivais, Omar Sosa (Camagüei, Cuba, 1965) é un referente mundial do denominado latin jazz. Trascendendo as etiquetas, a traxectoria deste pianista cubano entronca cos mellores representantes dun jazz que aúna de maneira explosiva as tradicións africana e americana. Sen medo á fusión, Sosa ten amosado nos seus proxectos a frescura do seu concepto de música, de como el entende o jazz. Ao seu entender, máis que música, o jazz é unha filosofía de vida que ofrece a posibilidade de mesturar conceptos e xéneros converténdose nun grande espazo de liberdade.
Un traballo sobre África como lugar de orixe da música xestado na multicultural Barcelona do século vinteún. Así é Afreecanos —un xogo de palabras entre África e free, ceibe en inglés—, o proxecto do pianista Omar Sosa editado en 2008 (OTA/Harmonia Mundi). Quien no tiene de Congo, tiene de caribalí, din en Cuba. Ou o que é o mesmo, todo procede da nai África. Sen ese legado, Omar Sosa non sería o artista que é, segundo el mesmo recoñece. Como forma de procesar esa tradición tan rica e ancestral, Sosa abraza o jazz nun traballo que debuxa a parte feminina de África. Sobre o escenario, Omar Sosa conta co baixista mozambicano Childo Tomás, compañeiro habitual do cubano nos últimos anos como parte da súa formación de trío; con Mola Sylla, cantante e instrumentalista senegalés, e Marcos Ilukán, percusionista cubano habitual do circuito latino en Europa. Nos últimos anos o traballo musical de Omar Sosa ten sido recoñecido non só por unha audiencia sempre en aumento, senón tamén polas publicacións especializadas e polos propios compañeiros artistas. En 2004 e 2006 estivo nominado para os premios da británica BBC Radio 3 na categoría “Américas”, en 2005 a Asociación de Xornalistas de Nova York nominouno tamén ao mellor album de latin jazz por Mulatos e un ano despois, co mesmo album, tamén foi finalista nos Grammy na categoría Mellor Album Latin Jazz.
23:00 Carlos López
+
Omar Sosa

O Angeles Dorrio Cuarteto presentouse en sociedade a principios deste ano 2009 con versións de nu-jazz, neo-soul, por un lado e temas de creación propia, por outro. Voz experimentada de jazz e soul, Ángeles Dorrio está arroupada neste cuarteto polo cubano Sergio Delgado, teclista e director musical do proxecto, de Octavio Vargas ao baixo eléctrico e de Miguel Cabana na batería.
Amante do soul e do acid jazz, Ángeles Dorrio explora con esta formación un novo e diferente camiño na súa traxectoria.
01:30 Jazz na noite
13 horas: Alameda de Bouzas
Creativos e divertidos. Así son este grupo de artistas que integran a fanfarria catalana Always Drinking Marching Band, que comezou a súa andaina en 1997 dando un chimpo cara a profesionalización en 2004 co espectáculo La calle es nuestra, que traen ao Imaxina Sons. Eis a súa especialidade; tomar a rúa con calidade musical e irreverencia a partes iguais. Dez músicos e un clown, coreografías e gags cómico-teatrais e, sobre todo, unha grande interacción co público. Convirten calquer espazo público nun concerto de rock and roll mesturando temas propios con versións imposibles.
13:00 Pasacalles
19 horas: Verbum-Samil
Creativos e divertidos. Así son este grupo de artistas que integran a fanfarria catalana Always Drinking Marching Band, que comezou a súa andaina en 1997 dando un chimpo cara a profesionalización en 2004 co espectáculo La calle es nuestra, que traen ao Imaxina Sons. Eis a súa especialidade; tomar a rúa con calidade musical e irreverencia a partes iguais. Dez músicos e un clown, coreografías e gags cómico-teatrais e, sobre todo, unha grande interacción co público. Convirten calquer espazo público nun concerto de rock and roll mesturando temas propios con versións imposibles.
19:00 Pasacalles
Nome imprescindible no jazz peninsular, Abe Rábade (Santiago de Compostela, 1977) participou nos últimos anos en diversidade de proxectos coa vontade manifesta de rachar etiquetas. Tiña catro anos cando empezou a estudar música e aos dezasete anos foise aos Estados Unidos, onde se licencia cum laude en Jazz Composition e Piano Performance polo Berklee College of Music en Boston. Desde 2000 reside en Santiago de Compostela e sen dúbida o arranque da súa traxectoria profesional recebe un importante apoio un ano despois cando acada co seu trío e o traballo Babel de Sons (Xingra, 2001) o segundo premio no festival de Getxo e ademais recibe o premio Tete Montoliu ao mellor pianista revelación en España, outorgado pola SGAE. Actualmente compaxina a composición e a interpretación coa súa labor de docente e co-director no Seminario de Jazz de Pontevedra, xunto a Paco Charlín.
Cunha audiencia acostumada a gozar do Abe Rábade Trío, formato que el considera motor do seu traballo, o músico de jazz concebiu o proxecto Open Doors como unha peza única con oito partes diferenciadas enlazadas por interludios interpretados por un solista diferente. Un proxecto cheo de lirismo e inquedanzas persoais no que o piano de Rábade, sen chegar a imperar, actúa como o fío condutor necesario. Aínda que a priori semelle un punto contraditorio, o pianista e compositor compostelán facturou un traballo íntimo cun formato de certa complexidade como é un septeto. A cantidade e calidade dos músicos non abundou no artificio; Rábade considera este un proxecto persoal, un exercicio de sinceridade, no que adica temas á súa cidade (Campo da Estrela), á súa irmá, a poeta María do Cebreiro (Cebreiro) ou a unha catástofre colectiva (Prestige).
19:30 Abe Rábade Septet
21 horas: Praza da Independencia e a súa contorna
Creativos e divertidos. Así son este grupo de artistas que integran a fanfarria catalana Always Drinking Marching Band, que comezou a súa andaina en 1997 dando un chimpo cara a profesionalización en 2004 co espectáculo La calle es nuestra, que traen ao Imaxina Sons. Eis a súa especialidade; tomar a rúa con calidade musical e irreverencia a partes iguais. Dez músicos e un clown, coreografías e gags cómico-teatrais e, sobre todo, unha grande interacción co público. Convirten calquer espazo público nun concerto de rock and roll mesturando temas propios con versións imposibles.
21:00 Pasacalles
Máis de trinta anos avalan a traxectoria da Vienna Art Orchestra, fundada por Mathias Rüegg (Zurich, 1952) no ano 1977 que, co formato clásico por excelencia no ámbito do jazz, a big band, ten sido un revulsivo para o estilo jazzístico europeo. A historia da VAO, como é coñecida, está marcada dalgún xeito pola reinvención constante da man do seu fundador e director e, en boa parte, por non prescindir nunca do elemento espectacular.Tras a resaca da celebración do seu trinta aniversario en 2007, a VAO chega á clausura da 5º edición do Festival Imaxina Sons de Vigo cun novo proxecto: Third Dream. Cunha formación renovada que combina músicos de jazz e de clásica, pon sobre o escenario a fórmula do seu éxito: unha extraordinaria técnica, unha minuciosa labor nos arranxos, un concepto dramático apoiado por elementos visuais e un sentido do humor que conecta de xeito doado á orquestra cos diferentes públicos.
De houber estipulado o canon das big bands nestes tempos, a Vienna Art Orchestra formaría parte del. De feito, o seu primeiro disco, Concerto Piccolo, gravado en 1980 en directo dentro do Festival de Jazz de Zurich suscitou tanto entusiasmo que a crítica falou dun novo xeito de facer jazz en Europa desde Viena, a cidade de Mozart. Uns anos máis tarde, en 1984, cando a VAO xa se converte nun referente a ter en conta en todos os eventos internacionais de jazz, a revista norteamericana Down Beat, unha das cabeceiras que marca o canon no mundo jazzístico noméaa a mellor big band. A receita de Rüegg basease no respeito ás tradicións americana e europea, sen recurrir aos estándares, cun forte vínculo cos movementos de vangarda e unha visión posmoderna. A VAO chega a 2009 con nova enerxía e coa consigna de fuxir do aburrimento co jazz como espectáculo.
22:00 Vienna Art Orchestra