| Xuño | Xullo | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2613:00/19:00/21:00 Pasarrúas: Dr. Macaroni Latin-Jazz BrassRúas de Vigo. 26.06.2008, 14:00. Prezo: De balde
Dr. Macaroni Latin-Jazz Brass -13 horas: Zona peonil do Calvario O grupo nace no ano 2000 en Madrid. Interpreta temas dos mellores compositores da historia do Jazz como Horace Silver, Dollar Brand, Herbie Hancock, Jack De Johnette, Herbie Nichols e outros. Formación: 14:00 13:00/19:00/21:00 Pasarrúas: Dr. Macaroni Latin-Jazz Brass
Clunia 25 aniversario + Matthew Lee SimonTeatro-Sala de concertos do Centro Cultural Caixanova. 26.06.2008, 23:00. Prezo: 12-€ (butaca); 11-€ (1º anf.); 10-€ (2º anf.); 9-€ (3º anf.)Nani García (piano) Clunia JazzClunia Jazz fundouse en 1983, constituído polo xa desaparecido Antonio Cal (saxofón), Baldo Martínez (contrabaixo), Nani García (piano) e Fernando Llorca (batería). Foi un dos primeiros grupos de jazz de Galiza que recibiu, ademais, o recoñecemento do grande pianista Teté Montoliu cando actuaron como teloneros dun dos seus concertos en Compostela. Graban nese mesmo ano o seu primeiro traballo Clunia Jazz. Ese ano participan na décimo novena edición do Festival Internacional de Jazz de As colaboracións con outras figuras da música – Jorge Pardo, María Joâo, Tom Guillion, Kenny Wheeler ou Paolo Fresu entre outros – permitironlles gañar recoñecemento na escea nacional e internacional a través de premios e mencións en importantes festivais de jazz. Na actualidade conta con Roberto Somoza ao saxo. Agora, vintecinco anos despois daquel inicio de Clunia Jazz, desfrutaremos da súa música celebrando o seu aniversario neste Imaxina Sons 08. Que mellor sitio para facelo? Nani GarcíaFormouse en Suecia da man de Mariano Cortez e de Uffe Sandberg; no ano 1981 regresa a España onde funda, ao ano seguinte Clunia Jazz. Traballou con xente como Maria João, Perico Sambeat, Jorge Pardo,… Ademais é tamén productor musical e arreglista de varios artistas galegos, destacando a produción e arreglos dun dos discos de Uxía. Na actualidade compaxina o seu traballo como productor e arreglista co seu trío habitual e máis con Clunia Jazz. Baldo MartínezBaldo Martínez é un dos contrabaixistas máis destacados do jazz contemporáneo europeo en España. O primeiro disco de Baldo foi No país dos ananos recibido cunhas críticas moi positivas; a continuación, en 1998 presenta Juego de niños. En 1.999 no Festival de Jazz de Guimarães, dirixe e realiza o Projecto Miño no que elabora un repertorio que se basea na música de Portugal e de Galiza xunto a unha banda constituída por nove músicos. Participa en diferentes festivais por toda Europa: Donostia, Madrid, Matosinhos, Rabat, Paris, Roma, Munich, Colonia, Perpignan,… e no Festival Eurojazz de Ciudad de México, toda unha mostra do jazz europeo. Fernando LlorcaEn 1973 toma os seus primeiros contactos coa música e opta pola batería, fundando xa no ano 1977 o grupo Outeiro co que graba o seu primeiro disco Ollos de marzal en 1980. En 1982 funda Clunia xunto a Nani García e Baldo Martínez con quen graba catro discos, e en 1987 colabora co cuarteto do saxofonista polaco Andrezj Olejniczak, HoracioFumero ao contrabaixo e ao piano Jean Luc Vallet. Na actualidade combina as súas actividades musicais co grupo Clunia e o seu cuarteto Fernando Llorca Cuarteto, impartindo clases e colaborando con outros músicos solistas. Ademais, nestes momentos é profesor de jazz no Conservatorio Superior de Música de A Coruña. Roberto SomozaRoberto Somoza comeza a súa formación musical moi novo e con só oito anos ingresa no Conservatorio de Música de A Coruña onde comeza a tocar o clarinete. Aos catorce anos síntese atraido polo jazz e comeza a tocar, de maneira autodidacta, o saxofón, completando logo a súa formación jazzística en seminarios impartidos por Irakere, Pedro Iturralde, Benny Wallace, Chucho Valdés, James Williams,… Na actualidade é profesor de saxofón no grao superior de jazz do Conservatorio de A Coruña, ademais de compartir proxectos con músicos variados como Uxía, Maite Dono, Susana Seivane, Nani García e Alberto Conde, ou o vocalista portugués João Afonso. Participa tamén en formacións como Marcos Teira Cuarteto, Fanjazz, Fernando Llorca Atlantic Band, Imaxina Jazz Orquestra, ou Clunia onde coincide en 2004 co trompetista Kenny Wheleer. Participa en grabacións de diferentes formacións e proxectos e é codirector e coordinador xunto a Baldo Martínez e Alberto Conde da Imaxina Jazz Orquestra (para a que el mesmo compón).
23:00 Clunia 25 aniversario + Matthew Lee Simon Ciclo Jazz Na Noite: Nuria Cora QuartetPub Quomo. 27.06.2008, 01:00. Prezo: entrada de balde
|
2713:00/19:00/21:00 Pasarrúas: Dr. Macaroni Latin-Jazz BrassRúas de Vigo. 24.06.2008, 14:00. Prezo: De balde
- 13 horas: Praza da Independencia-Praza de América – 18 horas: Centro Comercial Praza Elíptica – 20 horas: Praza de Compostela (Feira do Libro) O grupo nace no ano 2000 en Madrid. Interpreta temas dos mellores compositores da historia do Jazz como Horace Silver, Dollar Brand, Herbie Hancock, Jack De Johnette, Herbie Nichols e outros. Formación: 14:00 13:00/19:00/21:00 Pasarrúas: Dr. Macaroni Latin-Jazz Brass
Lucía Martínez CuartetoAuditorio “Martín Codax” do Conservatorio Superior de Música. 27.06.2008, 21:30. Prezo: Entrada libreLucía Martínez (batería, percusión) Lucía MartínezLucía Martínez, Vigo 1982, é unha desas músicas que representa a savia nova que está a emerxer con forza no mundo do jazz galego; a pesares da súa xuventude leva ás súas costas unha formación e unha experiencia coas que segue a gañar taboas. Lucía, ademais de terse formado no clásico centrouse nos estudos de composición de jazz, vibráfono e batería; estudou con xente como Michael Lauren, John Hollenbeck, Kurt Rosenwinkel, Jerry Granelli, Jeffry Davis, David Samuels, John Riley, Garrison Fewell, David Friedman, Severy Pysalo. Lucía Martínez ten experiencia no mundo do clásico, da world-music e do jazz; ademais de multiinstrumentista é compositora, cun estilo ecléctico no que se mestura o folk galego, flamenco coa música do mediterráneo e coa música de vangarda europea. Unha artista nova con experiencia e coa forza de quen ven abríndose camiño por detrás é a líder do grupo Lucía Martínez Cuarteto, proxecto co que vén de grabar o seu primeiro traballo Soños e delirios. Traballou ademais con artistas como Maria João, Perico Sambeat, Carlos Bica, Allan Ferber, Orquestra de Jazz de Matosinhos, Orquestra Imaxina Sons, Uxía Senlle, Mercedes Peón, Rodrigo Romaní,… Ademais tocou en festivais variados como o Festival Interceltique de Lorient (Brétagne), Folk Festival (Cannes), Festival de Música de Dranouter (Bélxica), Festa do Jazz de San Luiz (Lisboa),e outros moitos. Máis en:
Giulia Valle GroupAuditorio “Martín Codax” do Conservatorio Superior de Música. 27.06.2008, 21:30. Prezo: Entrada libreGiulia Valle (contrabaixo e composición) Colaborou con músicos de fama nacional e internacional como Ben Waltzer, Gerald É membro estable de grupos como Aruán’s Co. Quartet, Micamale, Lindner-Valle-Ayza Trio, Joe Smith Quintet, Canela-Valle-Raspall Trio e líder do seu quinteto. Giulia Valle presentará un repertorio novo contando con catro músicos recoñecidos na escea do jazz catalán actual, dos que dí, son a súa formación ideal. Este repertorio está baseado en temas orixinais, onde a potencia rítmica e melodías incisivas se entrelazan, pondo en liza a personalidade de cada un dos membros do grupo e a orixinalidade compositiva do material presentado, que voga entre tradición e vangarda.Unha música que se move nunha ampla gama de sonoridades e matices. Máis info
21:30 Lucía Martínez Cuarteto + Giulia Valle Group Ciclo Jazz Na Noite: Calixto Oviedo TríoManteca Jazz. 28.06.2008, 02:30. Prezo: Entrada de balde
|
2813:00/19:00/21:00 Pasarrúas: Dr. Macaroni Latin-Jazz BrassRúas de Vigo. 24.06.2008, 14:00. Prezo: De balde
- 13 horas: Zona peonil do Calvario – 19 horas: Centro Comercial Travesía – 21 horas: Praza de Compostela-Montero Ríos O grupo nace no ano 2000 en Madrid. Interpreta temas dos mellores compositores da historia do Jazz como Horace Silver, Dollar Brand, Herbie Hancock, Jack De Johnette, Herbie Nichols e outros. Formación: 14:00 13:00/19:00/21:00 Pasarrúas: Dr. Macaroni Latin-Jazz Brass
Marcelino Galán ZincoAuditorio “Martín Codax” do Conservatorio Superior de Música. 28.06.2008, 21:30. Prezo: Entrada libreMarcelino Galán (guitarra) Marcelino GalánMarcelino Galán é natural de A Coruña. Formouse en Catalunya no Taller de Musics de Barcelona e posteriormente no Berklee College de Boston. Nestes momentos é profesor na especialidade de jazz no Conservatorio Superior de A Coruña. Ademais está inmerso en diversos proxectos dos que neste Imaxina Sons 08 presenta Marcelino Galán Zinco, a formación coa que vén tocando habitualmente composta de xente nova do mundo do jazz galego. Zinco é o segundo traballo do músico galego (tras a grabación de Roho), onde inclúe temas orixinais con influencias de Kurt Rosenwinkel, a quen adica un dos temas, de Mark Turner e Chris Cheek. Rodeouse dunha formación de músicos excelente e coa que xa ven traballando habitualmente: Pablo Castaño ao saxo alto, Manolo Gutiérrez no piano, Xacobe Martínez no contrabaixo e Max Gómez á bateria. Máis en:
Simone Guiducci Gramelot Ensemble special guest Nicolae SimionAuditorio “Martín Codax” do Conservatorio Superior de Música. 28.06.2008, 21:30. Prezo: Entrada libreSimone Guiducci (guitarra) Simone GuiducciAo guitarrista e compositor de jazz italiano Simone Giducci gústalle falar de folk-jazz cando se refire os seus 4 proxectos musicais xunto co seu Gramelot ensemble, o quinteto co que grabou os seus últimos traballos: Cantador (2000), chorale (2002), Dancin’ Roots (2004) e Storie Di Fiume (2006). Todos estas grabacións comparten ese diálogo creativo entre o folklore e a improvisación jazzística do que tanto gusta Guiducci. As colaboracións con outros artistas como Enrico Rava, Paolo Fresu, Gianluigi Trovesi, Don Byron ou Chris Speed, entre outros moitos, leváronlle por multiples festivais de jazz por toda Europa casi sempre apoiado polo quinteto italiano. Gramelot é un proxecto creado por Simone Guiducci concentrado, dun lado no diálogo creativo e do outro na estructura do folclore e a improvisación jazzística. Mestura o folclore italiano co funcionamento do jazz dando lugar a unha música dinámica, rexional e global,… pero sempre fascinante. De seguro será un concerto cheo de eclecticismo e dinamismo, para desfrutar e pasalo ben,… Nicolae SimionNacido en 1959 na pequena poboación de Dumbravita, na rexión de Transilvania en Romanía, estudou na Music Academy en Bucarest onde, tras completa-la súa formación “clásica”, descobre a súa afección pola improvisación e funda nos ’80 a Jazz Band Opus 4, xunto ao pianista Mircea Tiberian e o saxofonista Dan Mandrila que é o grupo máis importante de jazz de Romanía nesas datas. Coa Jazz Band Opus 4 Simion obtivo un grande éxito en festivais de Berlín-Este e Varsovia e finalmente, o grupo trasládase en 1989 a Viena. A partir dese momento Simion entra en contacto con grandes figuras do jazz (Art Farmer, Leo Wright, Idris Muhammad, Jim Pepper, Harry Sokal ou Christian Muthspiel). Publica nesa etapa o seu primeiro traballo “Black Sea” (1992). En 1997 instálase en Colonia (Alemaña) onde funda o proxecto “Balkan Jazz”. Colabora neste proxecto con figuras lendarias como o trompetista iugoslavo Dusko Goykovich, o mestre romanés do piano Jancy Körössy, ou o non menos famoso saxofonista Lee Konitz. Investigador e compositor de música tradicional, con discos como “Canzonieri Sacrale” (1998), Simion ten investigado amplamente nas sonoridades do folclore romanés, confirmando unha volta máis o papel do jazz como fusión e mestura de culturas e influencias. Máis info:
21:30 Marcelino Galán Zinco + Simone Guiducci Gramelot Ensemble special guest Nicolae Simion Ciclo Jazz Na Noite: Calixto Oviedo TríoManteca Jazz. 29.06.2008, 02:30. Prezo: Entrada de balde
|
2913:00/19:00/21:00 Pasarrúas: Dr. Macaroni Latin-Jazz BrassRúas de Vigo. 24.06.2008, 14:00. Prezo: De balde
- 13 horas: Alameda de Bouzas – 19 horas: Centro Comercial Gran Vía – 21 horas: Príncipe-Policarpo Sanz-remate no C.C. Caixanova O grupo nace no ano 2000 en Madrid. Interpreta temas dos mellores compositores da historia do Jazz como Horace Silver, Dollar Brand, Herbie Hancock, Jack De Johnette, Herbie Nichols e outros. Formación: 14:00 13:00/19:00/21:00 Pasarrúas: Dr. Macaroni Latin-Jazz Brass
Enrico Rava QuintetoAuditorio “Martín Codax” do Conservatorio Superior de Música. 29.06.2008, 20:30. Prezo: Entrada libreEnrico Rava Quinteto en “The Words and the Days” Enrico Rava (trompeta) Enrico RavaEnrico Rava é un dos mellores trompetistas europeos do momento. Comezou no movemento free e, pouco a pouco, foise abrindo a novas tendencias e estilos. Rava é un músico refinado e melodioso onde podemos sentir as fortes influencias de Miles Davis. Tocou con Gato Barbieri, William Parker, Stefano Bollani,… Dende o 1972 traballa con formacións propias xunto a músicos de renome como John Abercrombie, Bruce Ditmas e Jack DeJohnette con quen percorre Norteamérica, Arxentina e Colombia. En 1976 sae de xira por toda Europa participando en seminarios, festivais, concertos,… Máis en:
20:30 Enrico Rava Quinteto
Wayne Shorter QuartetTeatro-Sala de concertos do Centro Cultural Caixanova. 29.06.2008, 23:00. Prezo: 12-€ (butaca); 11-€ (1º anf.); 10-€ (2º anf.); 9-€ (3º anf.)Wayne ShorterWayne Shorter, saxofonista procedente do clarinete, cambiouse ao saxo tenor uníndose posteriormente aos Jazz Messengers de Art Blakey do que foi líder xunto a Lee Morgan. No ano 1964 únese ao quinteto de Miles Davis do que formará parte ata o 1.970 e para o que Shorter comporá multitude de temas. En 1.968, cando Miles muda do jazz acústico ao electrónico, Shorter troca o saxo tenor polo soprano que lle dará máis xogo á hora de reproducir sons electrónicos. No que atinxe á súa carreira como solista, neste momento con Blue Note, ademais de navegar polo hard bop, farao tamén polo mundo do atonalismo e da fusión. Posteriomente constitúe V.S.O.P. con antigos colaboradores de Miles Davis, Herbie Wayne Shorter presentaráse arroupado por tres músicos que veñen sendo habituais nas súas xiras polo mundo; xunto a el vogarán polos mares do jazz, Danilo Pérez (piano), John Patitucci (contrabaixo) e Brian Blade (batería). Danilo Pérez, pianista e compositor panameño. Nominado en tres ocasions aos premios Grammy . En 2002 reciciu unha nominación del Jazz Journalist Association como “Mellor Pianista do Ano”. A súa distintiva mistura de Pan-American jazz –unión de músicas tradicionais panameñas e americanas co jazz- otórgalle o recoñecemento polos cinco continentes. Dende 1990 dirixe o seu propio grupo e as suas grabacions reciben críticas extraordinarias. En 1996, o seu disco Panamonk (Impulse), ademáis de ser denominado unha “Obra Maestra del Jazz” por el New York Times, foi escollido un dos 50 discos máis importantes de jazz piano pola revista Downbeat. Grabou e tocou con grandes do jazz como: Dizzy Gillespie, Jack DeJonhette, Tito Puente, Wynton Marsalis, etc… • Danilo Pérez John Patitucci nace en New York en 1959. Grabou e actuou con artistas tan diversos e importantes como B. B. King, Dizzy Gillespie, Bon Jovi, Stan Getz, Sting y Astrid Gilberto. En 1985 comeza a sua colaboracion con a Elektric and Akoustic Bands de Chick Corea, proxecto de vangarda no mundo do jazz. Co seu primeiro disco alcanza os primeiros postos das listas Billboard Jazz. E votado durante catro anos seguidos, dende 1993 a 1996, como mellor baxista de jazz pola revista Bass Player. Mantén estreitos lazos con o ensino. Ademáis de tocar co seu grupo, John Patitucci Quartet, faino tamén con Wayne Shorter y co quinteto de Henrbie Hancock. Brian Blade nace en Lousiana e creceu en Nueva Orleáns onde din se destila a única batería. Ellis Marsalis foi a súa maior influencia. Realizou xiras e álbumes con Joshua Redman y Kenny Garret. Habitual en grabacions de artistas da talla de Bob Dylan, Emmylou Harris, Daniel Lanois, Joni Mitchell… En todos os seus traballos Brian amosa un profundo instinto para a música e un don especial para atopar texturas – finas e grosas – na batería.. O seu debut discográfico, Brian Blade Fellowship recibiu críticas inmellorables. O Súa pasión pola música faranos disfrutar dun batería con un dos millores swing da historia do jazz. Calquera de estes nomes convocados por Shorter, podería encabezar, e de feito a miudo o fan, a súa propia agrupación e ofrecer concertos estelares, pero neste caso teremos a oportunidade de velos baixo as órdenes dun icono e mito vivinte do xénero. A os seus setenta e cinco anos disfrutaremos do grande de “Wayne” , un dos mellores saxos tenores da historia do jazz.
23:00 Wayne Shorter Quartet |
3013:00/19:00/21:00 Pasarrúas: Joseph Siankope & New Orleans Jazz BandRúas de Vigo. 24.06.2008, 14:00. Prezo: De balde
-13 horas: Mercado de Teis-Sanjurjo Badía Este sexteto de jazz está liderado por Joseph Siankope, cantante e trompetista nado en Zimbabwe en 1964. O artista parte das súas experiencias musicais de infancia, con instrumentos e cantos tradicionais africanos, que mestura co jazz tradicional. -Joseph Siankope: trompeta 14:00 13:00/19:00/21:00 Pasarrúas: Joseph Siankope & New Orleans Jazz Band Conferencia: Juan Claudio CifuentesSalón de actos do MARCO. 30.06.2008, 21:30. Prezo: Entrada libreJuan Claudio Cifuentes, xornalista de RNE. 21:30 Conferencia: Juan Claudio Cifuentes
Américo RodriguesSalón de actos do MARCO. 30.06.2008, 22:45. Prezo: 2€Américo Rodrigues é todo un poeta do son, actor, productor e programador de eventos culturais, e desenvolve un traballo de improvisación vocal para o teatro, a música, a danza ou as performance.
22:45 Américo Rodrigues Ciclo Jazz na Noite: RemediosContrabajo. 1.07.2008, 00:00. Prezo: Entrada de balde
|
113:00/19:00/21:00 Pasarrúas: Joseph Siankope & New Orleans Jazz BandRúas de Vigo. 24.06.2008, 14:00. Prezo: De balde
- 13 horas: Zona peonil do Calvario – 19 horas: Centro Comercial Praza Elíptica – 21 horas: Praza de Compostela-Montero Ríos Este sexteto de jazz está liderado por Joseph Siankope, cantante e trompetista nado en Zimbabwe en 1964. O artista parte das súas experiencias musicais de infancia, con instrumentos e cantos tradicionais africanos, que mestura co jazz tradicional. -Joseph Siankope: trompeta 14:00 13:00/19:00/21:00 Pasarrúas: Joseph Siankope & New Orleans Jazz Band Conferencia: Germán LázaroSalón de actos do MARCO. 1.07.2008, 21:30. Prezo: Entrada libreGermán Lázaro, xornalista musical 21:30 Conferencia: Germán Lázaro
Antonio BravoSalón de actos do MARCO. 1.07.2008, 22:45. Prezo: 2€Antonio Bravo (Riveira 1966) cursou estudos de guitarra clásica, ampliando a súa formación posteriormente ao jazz. Recibiu cursos e clases intensivas con diferentes profesores como BarryHarrys, Jerry Bergonzi, Chuck Israels, Mike Richmond, Ronan Guillfoile, Bruce Forman, Peter Kowald. Foi co-organizador do festival internacional de música improvisada Hurta Cordel no 2000, 2005 e 2006. Tocou ademais con artistas internacionais da talla de Maria João, Jorge Pardo, Perico En solitario é compositor e solista do cuarteto Antonio Bravo Tangentes co que grabou o disco do mesmo título Tangentes.
22:45 Antonio Bravo Ciclo Jazz na Noite: RemediosContrabajo. 2.07.2008, 00:00. Prezo: Entrada de balde
|
213:00/19:00/21:00 Pasarrúas: Joseph Siankope & New Orleans Jazz BandRúas de Vigo. 24.06.2008, 14:00. Prezo: De balde
- 13 horas: Príncipe e entorno – 19 horas: Centro Comercial Camelias – 21 horas: Urzáiz-García Barbón-Terrazas Santiago de Vigo Este sexteto de jazz está liderado por Joseph Siankope, cantante e trompetista nado en Zimbabwe en 1964. O artista parte das súas experiencias musicais de infancia, con instrumentos e cantos tradicionais africanos, que mestura co jazz tradicional. -Joseph Siankope: trompeta 14:00 13:00/19:00/21:00 Pasarrúas: Joseph Siankope & New Orleans Jazz Band Mesa redonda: "Apoio das institucións públicas e privadas aos festivais musicais"Salón de actos do MARCO. 2.07.2008, 21:30. Prezo: Entrada libre“Apoio das institucións públicas e privadas aos festivais musicais” Participan: Modera: 21:30 Mesa redonda: "Apoio das institucións públicas e privadas aos festivais musicais"
Barry Guy, contrabaixo sóSalón de actos do MARCO. 2.07.2008, 22:45. Prezo: 2€Barry Guy nace en Londres en 1947. Tocou con numerosas orquestras do Reino Unido e Europa, tendo interese sempre, pola improvisación, o jazz, ou a composición contemporánea e é hoxe unha das figuras máis destacadas da libre improvisación europea. Formou parte como baixista do trío constituído por Howard Riley e Tony Oxley. Foi un importante membro da London Jazz Composers Orchestra onde mostrou as súas dotes de instrumentista absoluto.
22:45 Barry Guy, contrabaixo só Ciclo Jazz na Noite: Javier Pereiro QuartetContrabajo. 3.07.2008, 00:00. Prezo: Entrada de balde
|
313:00/19:00/21:00 Pasarrúas: Gumbo Jass BandRúas de Vigo. 24.06.2008, 14:00. Prezo: De balde
-13 horas: Príncipe e entorno Nacida coa intención de preservar e difundi-lo estilo máis xenuíno do jazz de principios do século XX na cidade de New Orleans, o nome da banda é toda unha declaración de principios: Gumbo é un tipo de sopa espesa, típica de Nova Orleáns, feita con vainas de sementes dunha planta de orixe africana, a okra. Jass era o xeito orixinal (e despectivo) de referirse á música de jazz nos principios. Oscar Font: trombón 14:00 13:00/19:00/21:00 Pasarrúas: Gumbo Jass Band Master Class: Bojan ZAuditorio “Martín Codax” do Conservatorio Superior de Música. 1.07.2008, 17:00. Prezo: Entrada libreBojan Z (Bojan Zulfikarpasic) + INFO 17:00 Master Class: Bojan Z
Stefano Bollani «I Visionari»Auditorio Municipal. 3.07.2008, 22:00. Prezo: 3 €Stefano Bollani (piano) Stefano BollaniContamos coa presenza no festival dun músico que a pesares da súa xuventude ten ás súas costas unha morea de publicacións, entre outras: Les fleurs bleus en 2001, Smat smat traballo en solitario en 2002, Concertone en 2004, I visionari e Piano Solo en 2006, traballos polos que ven recibendo premios dende o ano 1998, cando recibe o premio que entrega a revista Música Jazz ao mellor novo talento, ata a actualidade – no ano 2007 recibe o premio Hans Koller Preis ao mellor músico de jazz europeo -. Stefano Bollani nace en Italia en 1972. Os seus comezos son curiosos: quería ser cantante de pop dende os seis anos e graba unha cinta que envía a Renato Carosone, quen lle responde e “aconsella” escoitar máis jazz e blues, comezando nesas datas a acompañar a súa voz co piano. Ingresa logo no conservatorio de música de Firenze e colabora con algúns músicos pop italianos do momento como Jovanotti ou Laura Paussini. No mundo do jazz colabora con xente tan coñecida no jazz internacional como Pat Metheny, Michel Portal, Paolo Fresu, Phil Woods,… En 1996 comeza as súas colaboracións co trompetista Enrico Rava, de quen desfrutaremos acompañado do seu quinteto neste festival, e quen o axuda a comezar a súa carreira como solista, colaboración que continúa ata a actualidade. Inspírase en pianistas como Bill Evans, Martial Solal ou Keith Jarrett entre outros. En canto ao seu estilo, mestura ragtime con samba, pop e clásico , ainda que nas súas propias palabras “O importante é A FORMA na que tocas, non O QUE tocas”. Nos seus concertos interactúa co público falando e bromeando, en suma pasándoo ben, desfrutando e facendo desfrutar aos que nos situamos do outro lado. Máis en: • I Visionari
22:00 Stefano Bollani «I Visionari»
Prímital - Santi IbarretxePraza do Rei. 4.07.2008, 00:00. Prezo: Entrada libreSanti Ibarretxe (saxo, voz e aspiradora) Santi IbarretxeNace en Bilbao en 1964. Cursa estudios de piano e flauta clásica, pero se inclina pronto polo jazz e a música improvisada. Tras gañar diversos concursos de jazz, aos 25 anos trasládase a Copenhague onde adquire experiencia como interprete e músico versatil, pero siempre paralelamente experimentando coa voz e a súa relación coa imaxinación, fantasía, e sentimientos vitales. De volta á península forma o dúo de “funky surrealista” co pianista Fran Rubio, espíritu que se mantén na actual formación Prímital. Tambén é compositor de cinco bandas sonoras para o cine, diversos jingles publicitarios, sintonias e fondos musicais para a televisión. PrímitalPrímital é un potente sexteto de funky-jazz formado por un grupo de músicos novos Máis en:
00:00 Prímital - Santi Ibarretxe Ciclo Jazz na Noite: Alvaro Vieito CuartetoPub Quomo. 4.07.2008, 01:30. Prezo: Entrada de balde
|
413:00/19:00/21:00 Pasarrúas: Gumbo J. B.Rúas de Vigo. 24.06.2008, 14:00. Prezo: De balde
- 13 horas: Zona peonil do Calvario – 19 horas: Centro Comercial Gran Vía – 21 horas: Príncipe-entorno Nacida coa intención de preservar e difundi-lo estilo máis xenuíno do jazz de principios do século XX na cidade de New Orleans, o nome da banda é toda unha declaración de principios: Gumbo é un tipo de sopa espesa, típica de Nova Orleáns, feita con vainas de sementes dunha planta de orixe africana, a okra. Jass era o xeito orixinal (e despectivo) de referirse á música de jazz nos principios. Oscar Font: trombón 14:00 13:00/19:00/21:00 Pasarrúas: Gumbo J. B. Master Class: M. Stockhausen e S. ScodanibbioAuditorio “Martín Codax” do Conservatorio Superior de Música. 1.07.2008, 17:00. Prezo: Entrada libreDe 16:00 a 19:00 horas Markus Stockhausen Stefano Scodanibbio 17:00 Master Class: M. Stockhausen e S. Scodanibbio
Barry Guy New OrchestraAuditorio Municipal. 4.07.2008, 22:00. Prezo: 3 €Barry Guy contrabaixo, dirección (Gran Bretaña) Barry Guy New OrquestraO contrabaixista Barry Guy é un músico innovador, improvisador e compositor que toca tanto só, en grupo, coma en cámara. Dende os anos setenta ata os noventa Guy colaborou como contrabaixista en formacións como The Orchestra of St.John´s Smith Square, City of London Sinfonia, Monteverdi Orchestra, Kent Opera y London Classical Players. Mais é o interese de Guy na improvisación e na composición formal o que lle leva a fundar a London Jazz Composers Orchestra, para a que compón varios traballos. A súa composición de cámara Look up! gañou o premio da Royal Philarmonic Society no ano 91. Barry Guy New Orchestra (BGNO), formada no ano 2000, actúa en festivais como un proxecto orquestral no que o fundador actúa como director/compositor botando man do seu extenso listado de composicións propias. Na actualidade segue a dar recitais en proxectos de improvisación, música contemporánea e barroca. Agustí Fernández é o representante máis importante da música de vangarda en España, combina coñecementos de música moderna con clásico xunto á improvisación do free jazz. Así mesmo considérase un músico autodidacta aínda que estudou en conservatorio e recibiu clases en Darmstadt (Alemaña). No ano 1985 publicou a súa primeira grabación de piano só Ardent e a partir daí fai colaboracións habituais con figuras internacionais da improvisación. Tocou con xente como Tom Cora, Peter Kowald, Carlos Zingaro, Barry Guy, Evan Parker,… Evan Parker é un intérprete da corrente británica de improvisación libre dentro da escena do free jazz europeo, ainda que van aparecer de novo influencias do cool jazz nas súas recentes composicións. Toca saxo tenor e soprano e se define a si mesmo como seguidor de Coltrane. A súa discografía é moi extensa, con máis de cento cincuenta grabacións rexistradas durante máis de trinta anos. Mats Gustafsson naceu en Suecia e hoxe é unha das caras máis coñecidas da música Hans Koch comezou a traballar como solista e como músico de cámara e nos anos oitenta achegouse ao jazz. Constituíu o seu primeiro trío xunto a Martin Schütz e Marco Käpelli experimentando entre a composición e a improvisación. Herb Robertson ten fama internacionalmente como instrumentista innovador, compositor e arreglista tanto de jazz tradicional como de vangarda. Actuou e grabou xunto a Tim Berne, Mark Helias, John Zorn, George Gruntz, a London Jazz Composers Orchestra e outras. Johannes Bauer é coñecido polos seus traballos xunto ao seu irmán Connie Bauer. É un dos grandes trombonistas alemáns do momento contribuíndo especialmente ao free jazz e ás novas músicas dos setenta e como compositor para músicos improvisadores. Per Ake Holmlander, un dos músicos máis destacados das novas xeracións de músicos suecos, é coñecido tanto na escena da libre improvisación como na new Paul Lytton é un dos membros da escena británica en improvisación e avant garde nos anos setenta. Dende o 1969 construe os seus propios instrumentos. Dende o 1975 vive en Bélxica onde fundou a Po Torch Records xunto a Paul Lovens con quen grabou tres discos. Habitualmente toca no trío constituido por Parker, Barry Guy e el mesmo. Raymond Strid é un dos líderes da escea sueca. Habitualmente traballa con Mats
22:00 Barry Guy New Orchestra
Machuca TríoTeatro-Cine Salesianos. 5.07.2008, 00:00. Prezo: Entrada libreManolo Rodríguez (guitarra, loops), Machuca TríoMachuca trío está composto por Manolo Rodríguez, Churchi Méndez e Carlos Costa un composto canario que ao longo dos anos desenvolveron unha linguaxe propia movéndose entre o acústico e o eléctrico, pero sempre na procura dun estilo persoal e renovado. Fundáronse no ano 1996 participando en varios festivais como o Festival de Jazz A primeiros de xuño deste ano sairá á luz a súa primeira grabación Energy. As composicións que presentan son todas de composición propia cun repertorio orixinal e inédito. Máis en:
Michel Portal UnitTeatro-Cine Salesianos. 5.07.2008, 00:00. Prezo: Entrada libreMichel Portal (saxofón/clarinete) Michel PortalMichel Portal é un destes músicos ao que non resulta doado clasificar. Adícase ao clásico pero tamén á música de cámara ou ao jazz .Está considerado como un dos arquitectos do jazz moderno europeo; é clarinetista,toca tamén o bandoneón e o saxo soprano; ademais, no mundo da música clásica, toca regularmente coa pianista portuguesa Maria João Pires. No ámbito do jazz sempre estivo rodeado de xente moi coñecida nas correntes europeas; Henri Texier, Daniel Humair, Martial Solal, Jean François, Jenny-Clark,… pero ademais tocou tamén con recoñecidos músicos dos circuítos norteamericanos como Jack DeJohnette, Mino Cinelu ou Charlie Haden. Toca en duos xunto a Bernard Lubat e a Martial Solal, así como artista invitado Con Michel Portal compartirán escenario: o percusionista Daniel Humair, o pianista iugoslavo Bojan Z e o contrabaixista Bruno Chevillon. O percusiónista Daniel Humair, de formación autodidacta, comezou a tocar moi novo. A súa condición de free lance deulle a oportinidade de colaborar con músicos como Martial Solal, Jean Luc Ponty, Eddy Louiss, Henri Texier, François Jeanneau, Enrico Rava, Miroslav Vitous, Louis Sclavis, exponentes todos eles do jazz europeo moderno. Formou xunto con Joachim Kuhn e Jean-François Jenny Clark un trío que lle permitíu desenvolver plenamente a súa concepción da batería moderna e a súa actividade de compositor. Na actualidade aporta o seu ritmo á formación que acompaña a Michel Portal nesta xira polo mundo. Bruno Chevillon (Contrabaixo) é na actualidade un dos instrumentistas máis talentosos da escena europea. Músico de conservatorio, crea rexistros percusivos golpeando co seus dedos a caixa do instrumento, sons orixinais arrastrando o arco fortemente contra as cordas do contrabaixo, en definitiva, creando ambientes sonoros modernos, alonxados da tradición contrabaixista. Colaborou entre outros co saxofonista de jazz André Jaume, Louis Sclavis, Ray Anderson, Tim Berne, Dave Douglas, Paul Motian, Ellery Eskelin, Joey Baron, Marc Ducret e Daniel Humair. Bojan Zulfikarpasic (Piano) comezou os estudos de piano cando tiña cinco anos.. Influenciado pola música tradicional dos Balcans –tocou durante o servicio militar na orquesta do desaparecido exército iugoslavo- o que tivo repercusión en todo o seu traballo posterior. Continuou a súa formación en París onde aportou o seu estilo ecléctico nas formacións francesas coas que colaborou. En 1989 nomeárono “Mellor Jazzman iugoslavo”. Colaborou con Henri Texier, Louis Máis en: • Citizenjazz.
00:00 Machuca Trío + Michel Portal Unit Ciclo Jazz na Noite: 3 AzoteasManteca Jazz. 5.07.2008, 02:30. Prezo: Entrada de baldeMiguel Queixas, Pablo Pérez e Iago Mouriño son tres xoves músicos galegos que “tiveron a sorte de coñecerse” neste mesmo ano. A partir deste encontro xurde este proxecto musical decidido a defende-la improvisación colectiva como un fin, e non un medio, a partir dun repertorio de temas orixinais dos membros do grupo. |
513:00/19:00/21:00 Pasarrúas: Gumbo J. B.Rúas de Vigo. 25.06.2008, 14:00. Prezo: De balde
- 13 horas: Praza da Independencia-Praza de América – 19 horas: Centro Comercial A Laxe – 21 horas: Urzáiz-García Barbón-Terrazas Santiago de Vigo Nacida coa intención de preservar e difundi-lo estilo máis xenuíno do jazz de principios do século XX na cidade de New Orleans, o nome da banda é toda unha declaración de principios: Gumbo é un tipo de sopa espesa, típica de Nova Orleáns, feita con vainas de sementes dunha planta de orixe africana, a okra. Jass era o xeito orixinal (e despectivo) de referirse á música de jazz nos principios. Oscar Font: trombón 14:00 13:00/19:00/21:00 Pasarrúas: Gumbo J. B.
Markus Stockhausen e Stefano ScodanibbioAuditorio Municipal. 5.07.2008, 22:00. Prezo: 3€Markus Stockhausen e Stefano Scodanibbio “Sopra Le Nuvole”, quinteto de música intuitiva Markus Stockhausen (trompeta) Markus StockhausenMarkus Stockhausen, de apelido popularmente sonado no mundo da música contemporánea, deixa de tocar co seu pai en 2.001 para, como el mesmo di, “facer a miña propia música e ter o meu propio horizonte espiritual” tras 25 anos de traballo ao seu carón, e será aí cando comece a moverse polas augas do jazz. Traballa en diferentes proxectos, variados, distintos,… En Electric Treasures presenta un trío xunto a Arild Andersen e Patrice Héral cos que xa leva dez anos tocando. Acoustic Treasures é un proxecto máis melódico e delicado, coa clarinetista holandesa Tara Bouman e con Mark Nauseef na batería. En Moving sounds, dúo con Tara Bouman, que ofrece concertos en igrexas e museos. Vemos, pois, que Stockhausen é un músico que se move por campos variados e que non gusta de ser encaixado. Stefano ScodanibbioO nome de Stefano Scodanibbio asóciase co renacemento do contrabaixo na década dos oitenta e noventa. Ademais extendeu a súa técnica ampliando novas cores no son e introducindo novidades técnicas. Na súa faceta de compositor conta cunhas coarenta obras a maioría para corda (estudos, concertos, cuartetos,…). Musicalmente formou duos con Rohan de Saram ou con Markus Stockhausen; así Tara Bouman A clarinetista Tara Bouman estudiou con Boeykens e Honingh, en Ámsterdam y Rótterdam, é especialista en música contemporánea e dedicase na actualidade á improvisación. Casada con Markus Stockhausen, trompetista y compositor, combina el clarinete con el clarinete bajo y el corno di basseto, su favorito. Fabrizio Ottaviucci graduouse en piano no Conservatorio de Pesaro, onde estudiou Composición e Música Electrónica. Colabora con prestixiosos artistas da escena musical contemporanea como Rohan de Saram, Mario Caroli, Stefano Scodanibbio, Tara Bouman ou Markus Stockhausen con o que colabora dende o ano 1986. A súa forza interpretativa e emotiva fan que o repertorio sexa o de menos, ainda que é na música experimental onde o pianista se sinte máis comunicativo. No terreo do jazz, colaborou con Gary Peacock. Actualmente vive en Assisi, onde dirixe o Obradoiro de Música Intuitiva. Mark Nauseef O músico americano Mark Nauseef é o produto da experiencia de máis de 30 anos de concertos internacionais, numerosas grabacións en Europa, Asia e EEUU, así como multitude de traballos de investigación sobre as músicas Africana, India e Indonesia.As súas colaboracións con artistas tan variados como Joachim Kühn, Jack Bruce, Rabih Abou-Khalil, L.Shankar, Hamza El Din, The Velvet Underground, Ronnie James Dio, Markus Stockhausen, Gary Moore, Kyai Kunbul (Javanese Gamelan), Ian Gillan, Tony Oxley, Tomaz Stanko, Edward Vesala’s “Sound and Fury”, Thelma Houston, David Torn, The Ladzekpo Brothers (Ghanaian music and dance), Charlie Mariano), Kudsi Erguner, , George Lewis, entre outros, fan de Nauseef un músico sen fronteiras. Como productor, ademáis das grabacións propias, produce traballos de diferentes tipos de música, incluindo tanto músicas experimentais modernas como músicas tradicionais Indonesias ou Indias. Máis en: • www.dw.world.de
22:00 Markus Stockhausen e Stefano Scodanibbio
Paco Charlín & The Ultimate Jazz Earth-TetPraza do Rei. 6.07.2008, 00:00. Prezo: Entrada librePaco Charlín (contrabaixo) O recoñecido contrabaixista galego Paco Charlín rodease desta volta, no concerto do Imaxina Sons 08, dun elenco de músicos que, a pesar da súa xuventude, teñen xa experiencia sobre as táboas con concertos cos seus respectivos grupos, en jam sessions,… e algúns deles contan con grabacións como 106 underground st. de S.O.S. Trío. Virxilio da Silva, Xan Campos e Iago Fernández, son todos eles un grupo de mozos saídos do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra completando a súa formación con diferentes músicos e con estadías no estranxeiro e que están a pisar forte no mundo do jazz galego actual. Paco Charlín comezou a tocar aos oito anos. Músico de estudio ou de sesión en moitos álbumes dos máis grandes do jazz moderno, actualmente dá clases no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra e fixo múltiples grabacións como Ziribuye de Perico Sambeat, o disco This is new, o traballo The ultimate jazz earth-tet con temas compostos polo propio Charlín en formación de cuarteto ou o Jazz frequency trio co que versionan a Coltrane, Sonny Rollins, Bird,… En Berklee, no ano 1.996 onde ampliou estudos, formou un trío con Abe Rábade e con Ramón Ángel cos que aínda continúa a tocar. Compartiu escenario tamén con Steve Kuhn, Javier Vercher, Nuno Ferreira, Chris Cheek, Juanma Barroso, Sheila Jordan, Miguel Zenón, Bernardo Sassetti, Mark Turner, Vicente Espí, Jesús Santandreu, Perico Sambeat, Abe Rabade, Raynald Colom, Rodrigo Gonçalves ou Alex Frasao. Da súa importante laboura no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (xunto aos seus compañeiros) vai sair xente como este grupo de músicos que o acompañarán neste concerto: Virxilio da Silva, Xan Campos e Iago Fernández xuventude e forza nova que xunto a Paco Charlín nos van deleitar co The ultimate jazz earth-tet un título que alude, como di Charlín, ao que nace da terra e ao que xorde dela. Deixémonos levar, pois, pola natureza e polo jazz. Máis en:
Terela Gradín & Manuel GutiérrezPraza do Rei. 6.07.2008, 00:00. Prezo: Entrada libreTerela Grandín (voz) Terela GradínTerela Gradín é unha das promesas do jazz galego. Estudou piano, solfeo, canto e harmonía na Escola de Música de Compostela, completando posteriormente a súa formación en Beklee, Helsinki e outras xeografías. Formou parte do quinteto vocal a capella Tristáns e do cuarteto de jazz con Manolo Gutiérrez, Legido e Xacobe Martínez, formando posteriormente dúo co pianista Manolo Gutiérrez. Colabora no “Projecto Miño” de Baldo Martínez en 2006 e na Imaxina Jazz Orquestra do mesmo ano. Dende o 2003 é profesora na escola de música A Tempo de Pontevedra faceta que compaxina coas actuacións e co quinteto do que forma parte xunto a Manolo Gutiérrez, Baldo Martínez, Chris Kase e Ramón Ángel Rey. Publicou tamén o seu disco Lost no ano 2007. Manuel GutiérrezManolo Gutiérrez é un pianista polivalente que abrangue unha ampla diversidade de estilos ao tocar jazz, blues, folk, música tradicional,… Nace en Ferrol e estuda no conservatorio de A Coruña, completando a súa formación de xeito autodidacta e con masters e seminarios. A súa traxectoria musical é ampla e longa forma parte do trío Sumrra que xa ten participado en edicións anteriores do Imaxina Sons, trío formado por Xacobe Martínez ao contrabaixo, Luis Alberto Legido na batería e Manolo Gutiérrez no piano. Ademais colabora con diferentes músicos en formacións varias, combinandoa coa faceta de profesor, compositor, arreglista,… Terela Grandín e Manolo Gutiérrez presentan xunto a Xacobe Antelo, Marcelino Galán e Dani Domínguez o seu traballo en común Pascala recén publicado a finais de 2007. Este traballo é unha mestura de composicións propias xunto a versións de clásicos da música pop-rock-jazz de Shorter, Radiohead e outros. Máis en:
00:00 Paco Charlín & The Ultimate Jazz Earth-Tet + Terela Gradín & Manuel Gutiérrez Ciclo Jazz na Noite: 3 AzoteasManteca Jazz. 6.07.2008, 02:30. Prezo: Entrada de baldeMiguel Queixas, Pablo Pérez e Iago Mouriño son tres xoves músicos galegos que “tiveron a sorte de coñecerse” neste mesmo ano. A partir deste encontro xurde este proxecto musical decidido a defende-la improvisación colectiva como un fin, e non un medio, a partir dun repertorio de temas orixinais dos membros do grupo. |
613:00/19:00/21:00 Pasarrúas: Gumbo Jass BandRúas de Vigo. 25.06.2008, 14:00. Prezo: De balde
- 13 horas: Alameda de Bouzas – 19 horas: Praza de Compostela- Montero Ríos – 21 horas: Príncipe-Policarpo Sanz-remate no C.C. Caixanova Nacida coa intención de preservar e difundi-lo estilo máis xenuíno do jazz de principios do século XX na cidade de New Orleans, o nome da banda é toda unha declaración de principios: Gumbo é un tipo de sopa espesa, típica de Nova Orleáns, feita con vainas de sementes dunha planta de orixe africana, a okra. Jass era o xeito orixinal (e despectivo) de referirse á música de jazz nos principios. Oscar Font: trombón 14:00 13:00/19:00/21:00 Pasarrúas: Gumbo Jass Band
Javier Vercher SextetAuditorio Municipal. 6.07.2008, 20:30. Prezo: 3€Javier Vercher (saxo tenor) Javier VercherJavier Vercher é un dos talentos jazzísticos españois máis prometedores do momento. Nacido en Madrid no ano 1978, en 1996 remata os estudos de clarinete no Conservatorio de Valencia, pero foi a súa chegada nos Estados Unidos, becado pola Universidade de Boston, cando o músico, tras tocar no cuarteto do bateria Bob Moses, comenza a publicar os seus primeiros traballos. O primeiro formando trío con Brannen Temple e Chris Higgins : Introducing the Javier Vercher trio. Publicou tamén traballos co saxofonista valenciano Perico Sambeat: Infinita ou Under the grey sky adicado a New York. Cos seus trinta anos Javier Vercher se caracteriza polo seu afán de mellora e de progresión, de aí o seu “mañana tengo que seguir estudiando como un loco”. Máis en:
20:30 Javier Vercher Sextet
Atomic School Days con Ken VandermarkTeatro-Sala de concertos do Centro Cultural Caixanova. 6.07.2008, 23:00. Prezo: 12-€ (butaca); 11-€ (1º anf.); 10-€ (2º anf.); 9-€ (3º anf..).Magnus Broo (trompeta) Atomic é un quinteto escandinavo formado no ano 1999 por músicos procedentes de Noruega e Suecia que mestura patróns e influencias do free jazz dos anos sesenta e setenta en Europa e América co rock e a improvisación libre; a súa proposta supón toda unha renovación. Ken VandermarkO creativo, orixinal e explosivo Vandermark está considerado un dos grandes instrumentistas do jazz actual. En 1996 forma The Vandermark 5 como saída ás ideas de composición e improvisación adquiridas durante longos anos. Forma parte de múltiples formacións paralelas nas que toca e para as que compón. O seu grupo céntrase nas actuacións en directo, tocando por toda Europa con asiduidade (Italia, Croacia, Eslovenia, Alemania,…) Nas súas composicións mestura elementos do jazz, da música contemporánea, funk, rock e música tradicional de todo o mundo, pero Vandermark deixa sempre un espazo para a improvisación, punto central de todos os seus traballos, e para a reinterpretación de cada tema por parte dos seus músicos acompañantes. Unha combinación de dúas potentes bandas: Atomic y School Days, bandas que comparten a dous dos seus membros: Paal Nilssen e Ingebrigt Haker-Flaten. Un octeto basado tanto en intrincadas composicions, nas que contribúe cada membro do colectivo, como na improvisación. Presentarán Atomic School Days un proxecto que sonará con forza, con potencia e con variedade de composicións no que todos os seus músicos e compoñentes aportan a súa experiencia no mundo do jazz. Máis en:
|
|





