A partir do mércores 5 de maio xa está activo o servizo de venda de abonos en Caixanova e no teléfono 902 504 500 para o 6º Festival de Jazz de Vigo “Imaxina Sons”. Este ano incorpora importantes novidades e descontos xa que se poderá adquirir un abono para os concertos do festival que teñen lugar en MARCO (3 concertos) e Auditorio Municipal (4 concertos) ademais do habitual abono para as 3 actuacións que teñen lugar na Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova.
A partir do mércores 5 de maio xa está activo o servizo de venda de abonos en Caixanova e no teléfono 902 504 500 para o 6º Festival de Jazz de Vigo “Imaxina Sons”. Este ano incorpora importantes novidades e descontos xa que se poderá adquirir un abono para os concertos do festival que teñen lugar en MARCO (3 concertos) e Auditorio Municipal (4 concertos) ademais do habitual abono para as 3 actuacións que teñen lugar na Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova. Quen desexe adquirir os dous abonos (10 concertos en total) obterá unha bonificación do 15% na compra telefónica. O período de adquisición de abonos esténdese até o 31 de maio; a partir do primeiro de xuño será posible a compra de entradas individuais igualmente a través da web de Caixanova ou no teléfono 902 504 500.
O Centro Cultural Caixanova acolle tres concertos da programación de Imaxina Sons: a actuación inaugural co pianista francés Martial Solal (23 xuño, 21.30h), o espectáculo Root Africaine de Romano, Sclavis e Texier (27 xuño, 22h.) e o concerto de clausura a cargo de Dave Douglas Quintet (4 de xullo, 22h.). Os abonos para estes tres concertos teñen os seguintes prezos: butaca: 30,60 €; 1º anf: 28,05 €; 2º anf: 25,50 € e 3º anf: 22,95 €.
O MARCO acolle tres concertos, todos eles ás 21.30h: Pierre Favre Solo. Poetry in Motion (Luns 28 xuño), Carlos “Zíngaro” Solo. Violín con electrónica (Martes 29 xuño) e Marisco Fresco (Mércores 30 xuño). No caso do Auditorio Municipal, espazo que se incorpora ao Imaxina Sons, son catro as actuacións: Red Trio + John Butcher (Xoves 1 xullo, 20.30h), Arild Andersen Trio (Venres 2 xullo, 20.30h), Franz Koglmann Monoblue Quartet. Lo-lee-ta. Music on Nabokov (Sábado 3 xullo, 20.30h) e Atlantic Bridge (Domingo 4 xullo, 19.30h). Os sete concertos de MARCO e Auditorio Municipal dispoñen dun abono de 18 euros.
Se o que se desexa é mercar os dous abonos para os dez concertos de Caixanova, MARCO e Auditorio Municipal establécese a posibilidade de adquirilos vía teléfonica (902 504 500) cunha bonificación do 15% sobre o prezo total. Os concertos que terán lugar no Conservatorio ( Venres 25 xuño, Monkillos 20.30h. e Marcos Pin Factor –E- Reset 22.15h, Sábado 26 xuño, Tri-EZ, 20.30h. e Franco D´Andrea Quartet, 22.15h) e na Praza da Constitución ás 23h. (Xoves 1 xullo Yves Robert Trio, Venres 2 xullo, Roberto Somoza Jazz Orquesta e Sábado 3 xullo Irene Aranda Quinteto) son de entrada libre. O espectáculo familiar programado para o 24 de xuño no Auditorio Municipal, Botazz! (O Swing do Jazz) terá tres funcións ás 12h. 17.30h e 19h. A entrada costará 3 euros.