17 / 25 xuño 2011


dave douglas

Por Quinito L. Mourelle

A música de Atlantic Bridge, formación xurdida ao redor da asociación de dous vellos colaboradores —o pianista Alberto Conde e o guitarrista Steve Brown— é a resultante dun punto de encontro, dun denominador común entre músicos galegos e norteamericanos, tanto no tocante a labores compositivas como ás interpretativas. Podería definirse como jazz mainstream de autor. A pesar dalgunhas estruturas con visos sinfónicos, en liñas xerais é un jazz de exposición-desenrolo-exposición no que os solistas poden estenderse a gusto durante varios coros. Os seus estilos nesa sorte son moi variados pero sempre dentro dese territorio de conveniencia marcado polo proxecto e respectuoso co clasicismo, representado sobre todo pola guitarra de Brown.

dave douglasdave douglasdave douglasdave douglasdave douglasdave douglasdave douglasatlantic bridgeatlantic bridgeatlantic bridgeatlantic bridgeatlantic bridgeatlantic bridgeatlantic bridge


Novas

5.07.10 Un punto de encontro e unha despedida


Por Quinito L. Mourelle

A música de Atlantic Bridge, formación xurdida ao redor da asociación de dous vellos colaboradores —o pianista Alberto Conde e o guitarrista Steve Brown— é a resultante dun punto de encontro, dun denominador común entre músicos galegos e norteamericanos, tanto no tocante a labores compositivas como ás interpretativas. Podería definirse como jazz mainstream de autor. A pesar dalgunhas estruturas con visos sinfónicos, en liñas xerais é un jazz de exposición-desenrolo-exposición no que os solistas poden estenderse a gusto durante varios coros. Os seus estilos nesa sorte son moi variados pero sempre dentro dese territorio de conveniencia marcado polo proxecto e respectuoso co clasicismo, representado sobre todo pola guitarra de Brown. O seu concerto en Imaxina Sons discorreu sen grandes sorpresas e moi apegado á gravación que rexistraron recentemente. Unha delas foi a cita de Walter White de Invitation coa que adornou o seu só en Blues par Mar e que no disco intercala, en cambio, en Florence, un tema da súa autoría cunha clara inspiración de Kenny Wheeler. Houbo sós sólidos e ben armados, aínda que quizá foron demasiado longos e lastraron un pouco a dinámica do espectáculo.

O concerto de peche dun festival sempre ten un sabor especial. Se por algo será lembrado Dave Douglas na historia do jazz é por poder facer —e facelo ben— aquilo que se lle antolle. Nun festival como Imaxina Sons que se esforza en mostrar propostas de vangarda, a do trompetista norteamericano foi quizá una das máis conservadoras que se lle coñecen. Non por iso o seu concerto perdeu algunha cota de calidade. Creo que o ingrediente fundamental exhibido sobre o escenario foi o sentido do humor e a capacidade para xogar cos estilos (algúns moi populares). Ninguén sospeitaría de antemán que Douglas puidese tocar en concerto un estándar como Fly me to the Moon, pero así o fixo, aínda que como unha sorte de cita interpretada sobre un tema sinxelo e de aire africano. Como intérprete pouco cabe dicir del e si, pola contra, do saxofonista Donny McCaslin, máis descoñecido para o público pero quizáis o prato forte da velada. Os seus xogos cos intervalos e con patróns rítmicos repetidos con insistencia, converten as súas improvisacións nunha especie de música seriada de gran atractivo. Estamos a falar do novo Chris Potter —tamén ás ordes de Douglas noutros proxectos pretéritos—?

O ano que vén máis.



Colabora

Organiza

casa do libro
Xunta de Galicia
Xunta de Galicia
2011, ano da música de Galicia
novacaixagalicia
Concello de Vigo