Santiago de la Muela Jazz Orchestra

Terela Gradín ofreceu xunto ao seu inseparable Manolo Gutiérrez unha equilibrada combinación de jazz e pop de calidade


Novas

6.07.08 Terela Gradín presenta a súa última obra, Pascala

(por Quinito López Mourelle)
A cantante galega Terela Gradín presentou o seu último traballo, Pascala, flanqueada polo seu inseparable compañeiro de aventuras musicais Manolo Gutiérrez. Nun repertorio no que se en intercalan orixinais con composicións de Shorter ou de Radiohead destacou, ao meu entender, a capacidade para o scat de Terela (se cadra o aspecto menos traballado por outras cantantes de jazz máis habituadas ao standard e centradas na execución da melodía).
Pouco pode engadirse xa de Manolo Gutiérrez e de Xacobe Martínez cando interaccionan, aínda que me gustaría lembrar o fermoso solo do pianista en E.S.P. Marcelino Galán gozou talvez de pouco espazo e, un tanto apreixado polo contexto, Dani Domínguez tivo que agardar ás postrimerías da velada para liberar nun solo parte da inxente enerxía rítmica que atesoura.
A combinación de jazz e pop (de calidade) foi moi equilibrada e un acerto da proposta.



Xunta de Galicia
Caixanova
Concello de Vigo