17 / 25 xuño 2011


Lisbon Underground Music Ensemble (LUME)

Na exitosa novela negra Ollos de Auga, publicada en 2006 por Domingo Villar (Vigo, 1971), o ambiente jazzístico convertíase en escenario dunha trama que enganchou aos lectores e que converteu a novela nun fenómeno literario. A investigación desenvolvíase nunha cidade, Vigo, que soaba a jazz e estaba conducida polo inspector Leo Caldas, personaxe que ten continuidade na máis recente A praia dos afogados (2009). Domingo Villar ademais de escritor e guionista de televisión, é un apaixoado do jazz, que acepta o convite de Quinito López Mourelle (Viveiro, 1968) para contar a súa relación coa música e, concretamente, co jazz.

Novas

29.06.10 Tarde de jazz e novela con Domingo Villar e Quinito Mourelle o mércores 30


O crítico, novelista e músico Quinito López Mourelle, colaborador do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, convida o escritor Domingo Villar a que nos narre a súa relación co jazz nesta mesa redonda que Imaxina Sons programa o mércores 30 a partir das 20h no MARCO. Domingo Villar non escribe de jazz, pero sen dúbida este impregna o seu best seller Ollos de Auga (Galaxia, 2006), xa pola oitava edición, protagonizado polo detective vigués Leo Caldas, quen continúa as súas investigacións na recente A praia dos afogados (Galaxia, 2009).

Na exitosa novela negra Ollos de Auga, publicada en 2006 por Domingo Villar (Vigo, 1971), o ambiente jazzístico convertíase en escenario dunha trama que enganchou aos lectores e que converteu a novela nun fenómeno literario. A investigación desenvolvíase nunha cidade, Vigo, que soaba a jazz e estaba conducida polo inspector Leo Caldas, personaxe que ten continuidade na máis recente A praia dos afogados (2009). Domingo Villar ademais de escritor e guionista de televisión, é un apaixoado do jazz, que acepta o convite de Quinito López Mourelle (Viveiro, 1968) para contar a súa relación coa música e, concretamente, co jazz. Ambos compartirán co público as súas filias (esperemos que tamén desvelen as súas fobias) e explicarannos porque a improvisación musical coouse na súa narrativa. Quinito L. Mourelle colabora en Imaxina Sons desde os comezos do festival e exerce como crítico en xornais como La Opinión e publicacións especializadas como Cuadernos de Jazz; editou recentemente a súa última novela titulada Pimienta Negra (Ézaro, 2009), desenvolvida en tres historias, unha delas ao redor do saxofonista Coleman Hawkins, falecido en 1969, e na que se reflicte a necesidade de improvisar, non só na música, senón, en xeral, na vida.



Organiza