17 / 25 xuño 2011


charles lloyd

charles lloyd charles lloyd charles lloyd charles lloyd charles lloyd charles lloyd

Por Quinito L. Mourelle
A botella do prezado líquido escumoso rachou alegre contra a proa do primeiro lustro de Imaxina Sons. O sinalado bautismo foi oficiado polo fantástico cuarteto liderado por Charles Lloyd.
O saxofonista de Menphis, que acaba de rexistrar para ECM Rabo de Nube (2008), vive desde hai tempo instalado nesa contemplación estética propulsada polo selo alemán nas súas diferentes gravacións.

Novas

26.06.09 Sedación colectiva


Por Quinito L. Mourelle

A botella do prezado líquido escumoso rachou alegre contra a proa do primeiro lustro de Imaxina Sons. O sinalado bautismo foi oficiado polo fantástico cuarteto liderado por Charles Lloyd. O saxofonista de Menphis, que acaba de rexistrar para ECM Rabo de Nube (2008), vive desde hai tempo instalado nesa contemplación estética propulsada polo selo alemán nas súas diferentes gravacións. A súa primeira premisa sobre as táboas é a de levar ao público a un terreo no que se deslindan as estruturas e as regras ortodoxas dos repertorios clásicos. Na súa visión conceptual pouco importa se quedan esbozadas liñas rítmicas dun calypso, se se aborda unha balada con vocación de estándard, se se recorre a patróns que se achegan ao blues ou ao country ou a progresións minimalistas que suxiren un tratamento modal: calquera orientación estilística cae rendida indefectiblemente ante un estado de hipnose que engaiola ao público.

Nesa vaguedade formal ou sedación colectiva, Lloyd móvese a anos luz do bop para abrazar unha espiritualidade pacífica —aínda que Coltrane ensina o rabo nalgunha das súas frases, a súa influencia parece definitivamente a de composicións como Naima — na que cohabitan o instinto melódico e a profusión das escalas. Jason Moran ocúpase de cargar de tensión e miolo harmónico composicións aparentemente sinxelas. As súas intervencións —moi diferentes ás que protagoniza como lider— irmandan o clasicismo do concertista de piano coa modernidade do orfebre minimalista. Na súa man esquerda resúmese a Historia do Jazz e toda a herdanza recibida do seu mentor Jacky Byard, sen por iso perder de vista o universo tecido por Lloyd. Os outros dous paos da sección rítmica aunaron o seu xenio na celebración da paz espiritual —acadada tamén a través dun son exquisito e meloso— cun discurso cristalino e nada afectado no caso de Reuben Rogers e cunha creatividade aplastante na aportación de Eric Harland. Unha vez inoculado o suero milagreiro, a sensación do tempo desapareceu sobre o escenario: case dúas horas que se transformaron nun par de minutos. Son as cousas que ten observar de vagar o rabo dunha nube.



Colabora

Organiza

casa do libro
Xunta de Galicia
Xunta de Galicia
2011, ano da música de Galicia
novacaixagalicia
Concello de Vigo