Novas
Dr. Macaroni Latin-Jazz Brass
- Xoves 26:
- 13 horas: Zona peonil do Calvario
- 19 horas: Centro Comercial Camelias
- 21 horas: Príncipe-Policarpo Sanz-remate no C.C. Caixanova
- Venres 27:
- 13 horas: Praza da Independencia-Praza de América
- 18 horas: Centro Comercial Praza Elíptica
- 20 horas: Praza de Compostela (Feira do Libro)
- Sábado 28:
- 13 horas: Zona peonil do Calvario
- 19 horas: Centro Comercial Travesía
- 21 horas: Praza de Compostela-Montero Ríos
- Domingo 29:
- 13 horas: Alameda de Bouzas
- 19 horas: Centro Comercial Gran Vía
- 21 horas: Príncipe-Policarpo Sanz-remate no C.C. Caixanova
Dr. Macaroni Latin-Jazz Brass nace no ano 2000 en Madrid. Interpreta temas dos mellores compositores da historia do Jazz como Horace Silver, Dollar Brand, Herbie Hancock, Jack De Johnette, Herbie Nichols e outros.
Os arranxos propios e os ritmos latin-jazz dan a Dr. Macaroni un aire festivo pero mantendo sempre unha alta calidade musical.
Os músicos que compoñen a banda son unha verdadeira colección de culturas e influencias musicais:
- Á trompeta Jorge Vistel ( Cuba)
- Ao saxo alto Roman Filiu ( Cuba)
- Ao trombón Tom Johnson (Inglaterra)
- Á tuba Chiaki Mawatari (Xapón)
- Ao bombo Gonzalo Maestre (España)
- Á caixa Peter Dieterle (Suíza)
Joseph Siankope & New Orleans Jazz Band
- Luns 30:
13 horas: Mercado de Teis-Sanjurjo Badía
19 horas: Centro Comercial A Laxe
21 horas: Príncipe-Praza da Princesa-Praza da Constitución
- Martes 1:
- 13 horas: Zona peonil do Calvario
- 19 horas: Centro Comercial Praza Elíptica
- 21 horas: Praza de Compostela-Montero Ríos
- Mércores 2:
- 13 horas: Príncipe e entorno
- 19 horas: Centro Comercial Camelias
- 21 horas: Urzáiz-García Barbón-Terrazas Santiago de Vigo
O sexteto Joseph Siankope & New Orleans Jazz Band está liderado por Joseph Siankope, cantante e trompetista nado en Zimbabwe en 1964. O artista parte das súas experiencias musicais de infancia, con instrumentos e cantos tradicionais africanos, que mestura co jazz tradicional.
Desde os anos ’70, este “cidadán honorífico” de Nova Orleáns móvese entre Europa eAmérica participando en festivais de Jazz en Holanda, Alemaña e Arxentina.
Residente en España desde 1984 formou parte de grupos de Jazz como, Neptune JazzBand, Siankope Brothers Jazz Band, La Madrileña Jazz Band , os Missing Stompers e Spirits Jazz Band. Participa en festivais de Jazz de San Sebastián, Logroño, Madrid etc.
A formación está integrada por:
- Á trompeta e á voz, Joseph Siankope
- Ao saxo tenor, Fernando Berruezo
- Á tuba, José Luis Martín Álvarez
- Ao banjo, Ramiro Amusategui
- Á percusión, Manolo Heredia
- Ao saxo soprano, Marcelo Peralta
Gumbo Jass Band
- Xoves 3:
- 13 horas: Príncipe e entorno
- 19 horas: Centro Comercial Travesía
- 21 horas: Urzáiz-García Barbón-Terrazas Santiago de Vigo
- Venres 4:
- 13 horas: Zona peonil do Calvario
- 19 horas: Centro Comercial Gran Vía
- 21 horas: Príncipe-entorno
- Sábado 5 :
- 13 horas: Praza da Independencia-Praza de América
- 19 horas: Centro Comercial A Laxe
- 21 horas: Urzáiz-García Barbón-Terrazas Santiago de Vigo
- Domingo 6 :
- 13 horas: Alameda de Bouzas
- 19 horas: Praza de Compostela- Montero Ríos
- 21 horas: Príncipe-Policarpo Sanz-remate no C.C. Caixanova
A Gumbo Jass Band naceu coa intención de preservar e difundi-lo estilo máis xenuíno do jazz de principios do século XX na cidade de New Orleans, o nome da banda é toda unha declaración de principios: Gumbo é un tipo de sopa espesa, típica de Nova Orleáns, feita con vainas de sementes dunha planta de orixe africana, a okra. Jass era o xeito orixinal (e despectivo) de referirse á música de jazz nos principios.
Ao longo dos anos a Gumbo Jass Band ten actuado con gran éxito por numerosas cidades catalás e no resto do estado español. Na actualidade é unha banda estable e respectada na comunidade do jazz clásico e tradicional.
A formación para esta ocasión é:
- Ao trombón, Oscar Font
- Ao clarinete, Cesc Miralta
- Ao banjo Enric Caballé
- Á tuba David Parras
- Á táboa de lavar (washboard) David Forns