6º Festival de Jazz de Vigo

presentacion

Presentouse na mañá do xoves 29 de abril a programación de concertos do 6º Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, que se desenvolve do 23 de xuño ao 4 de xullo de 2010. A rolda de prensa no concello contou coa participación do concelleiro de Cultura, Xesus López, da directora de programación Obra Social de Caixanova, María Pereira Otero, e do director artístico do festival, Baldo Martínez.

Novas

29.04.10 Presentación do 6º Festival Imaxina Sons

Presentouse na mañá do xoves 29 de abril a programación de concertos do 6º Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons, que se desenvolve do 23 de xuño ao 4 de xullo de 2010. A rolda de prensa no concello contou coa participación do concelleiro de Cultura, Xesus López, da directora de programación Obra Social de Caixanova, María Pereira Otero, e do director artístico do festival, Baldo Martínez. A apertura do festival correrá a cargo do pianista francés Martial Solal na sala de concertos do Centro Cultural Caixanova e a clausura irá da man do Dave Douglas Quintet. Como novidades no funcionamento do festival, a incorporación do remodelado auditorio municipal como espazo de Imaxina Sons e a posibilidade de adquirir abonos para todos os concertos.

Xesus Lopez destacou o papel de Imaxina Sons “ no mapa dos grandes festivais europeos” e sinalou que se trata dunha iniciativa que non se pon límites. “Se ben é un festival que se centra no jazz europeo, tamén é verdade que fai incursións no jazz producido desde Latinoamerica, ou Norteamerica, proba disto na sexta edición é a participación do trompetista Dave Douglas, considerado unha das primeiras figuras do jazz nos Estados Unidos pero moi vinculado coa vangarda do noso continente, xa que a crítica o considera o máis europeo dos músicos norteamericanos de jazz”.